Xubilado
Ata o 20 de setembro pódense retirar as entradas para asistir ao I Encontro Día do Xubilado que se celebrará o 28 na explanada da lonxa.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, lembrou hoxe que “este 28 de septiembre tendremos el primer encuentro del jubilado. Todavía estáis a tiempo para sacar vuestras entradas y disfrutar de un día entre amigos y vecinos”. O Concello amplía a retirada das entradas ata o vindeiro venres, día 20. Poden recollerse no auditorio municipal de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
As persoas que asistan compartirán xuntas unha comida, que será servida por Chao dos Navais. O prezo por comensal é de 15 euros.
Haberá servizo de buses polas parroquias do interior e da costa para facilitar que todas as veciñas e veciños xubilados e empadroados en...
leer másCervo celebrará a XXXVIII edición do Día do Xubilado o 1 de maio.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, informou a través dun bando de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 12 ao parchís).
A XXXVII edición do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, celebrarase o 1 de maio. A sesión vermú, o xantar e o baile serán nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
Os actos empezarán ás 11:30 horas cunha misa na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola coral Terra Mar, de San Ciprián. Ás 12:30 no auditorio da Casa da Cultura haberá unha actuación de Acordeonistas da Mariña.
A partir das 13:30 horas os actos trasladaranse á Praza dos Campos, onde haberá sesión vermú, xantar e baile. A música correrá a cargo da orquestra Trébol.
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 20 de abril de 2023.
Os lugares para formalizar a inscrición son a Casa do Concello, en Cervo; e a Casa da Cultura, en San Ciprián
Ademais, xa se empezaron a desputar na Casa do Mar as partidas do Campionato de Tute e Parchís que reúne a unha vintena de parellas. Os premios entregaranse o mesmo Día do Xubilado.
O Concello de Cervo celebrará a XXXVI edición do Día do Xubilado o 1 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI da persoa solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 11 ao parchís).
Desde o vindeiro luns, 30 de abril, os xubilados empadroados en Burela poderán anotarse para participar no XX Día do Xubilado que se celebrará o 13 de maio organizado polo Concello. As inscricións faranse nas dependencias municipais en horario de 08:00 a 15:00 horas. O evento foi presentado hoxe polo alcalde, Alfredo LLano, e pola concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero.
Para conmemorar o XX Día do Xubilado do Concello de Burela terá lugar unha recepción aos xubilados na Casa da Cultura e posteriormente unha comida amenizada con música de orquestra. O Concello fará entrega aos asistentes dun detalle conmemorativo da xornada, e habilitará autobuses para o desprazamento desde a Casa da Cultura ao recinto onde terá lugar o xantar.
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, lembrou que “este equipo de...
leer másA edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou hoxe o programa de actos que hai disposto con motivo do XXXV Día do Xubilado, que terá lugar o vindeiro martes, 1 de maio.
Armada avanzou que a día de hoxe “máis de 500 veciños e veciñas xa se anotaron para participar nesta xornada de convivencia que pretende ser unha homenaxe ao importante labor desenvolvido polos nosos maiores tanto no pasado como no presente”.
A edil comunicou que desde o Concello fletaremos autobuses que pasarán ás 11:30 horas da mañá por todas as paradas das parroquias para recoller ás persoas asistentes.
A xornada comezará ás 12:00 horas, cunha misa cantada pola Coral Terramar no Pavillón da Veiga, “que xa estamos acondicionando para a ocasión”. A continuación, os asistentes desprazaranse ata a carpa instalada na Praza dos Campos onde...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e os veciños teñen ata o 20 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 10 ao parchís).
A edil delegada de Servizos Sociais, Pilar Armada, sinalou que a inscrición avanza a bo ritmo “xa son uns 400 os pensionistas do Concello que se anotaron e recordamos que o prazo remata este mesmo xoves, 20 de abril”.
Segundo avanzou Armada, ese día, ás 12:00 horas, terá lugar unha misa cantada pola Coral Terramar, no Pavillón da Veiga, e logo os participantes gozarán dun xantar na carpa que se instalará para a ocasión na Praza dos Campos.
Haberá música durante toda a tarde. A sobremesa correrá a cargo de grupo tradicional Cantares do Brión, e logo xa á tardiña será o dúo Epo-k o que recollerá o testigo para o baile.
Armada sinalou que o Concello entregará un agasallo a cada un dos asistentes e, así mesmo, outorgaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes...
leer más