Cervo

Etiquetas:
15/06/2021

O Pavillón da Veiga acollerá este sábado 19 de xuño, a partir das 17:00 horas, o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan, nas modalidades individual e por parellas.

O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes David Rodríguez, e polo Director do Departamento Galego de Taiji Quan da Federación Galega de Kárate e D.A., Miguel Ángel Rojo, que organiza o evento.

Na cita  competirán máis de 100 deportistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 80  anos, que proveñen das catro provincias galegas –no caso da competición autonómica- e do País Vasco, Madrid, Castela e León, Cantabria e Asturias, para o interautonómico.

A competición, como xa se apuntou, será na modalidade individual e por parellas, e o método de arbitraxe será por eliminatorias por bandeiras, con repesca....

leer más
Etiquetas:
09/06/2021

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de concienciación cidadá "1m2 contra a basuraleza".

Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.

O vindeiro sábado, 12 de xuño, farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo recolleranse datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao covid-19.

As persoas interesadas en...

leer más
Etiquetas:
05/06/2021

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, deu a coñecer esta mañá, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, as fotografías gañadoras do  XI concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2021”.

O xurado profesional decidiu, con 51 puntos, que a fotografía "Blessed" de Juan Barreiro, e natural Dos Blancos (Ourense) acadase o primeiro premio.

En segunda posición quedou a instantánea "Reflexos do Faro", obra do xovense Emilio Pérez, que sumou 50 puntos, e que tamén se fixo co premio Top Cervo, á mellor instantánea tomada nalgún punto do noso municipio.

O premio componse de figuras de cerámica de Sargadelos.

En total participaron no certame 41 fotos, realizadas por 22 participantes, procedentes de ata 14 concellos diferentes de Galicia, e ademais tamén...

leer más
Etiquetas:
04/06/2021

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos meses de verán.

Así o anunciou hoxe a edil de Educación, Dolores García, Caramés, que fixo especial fincapé en que as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria actual, fixando grupos reducidos, e cumprindo estritamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

Caramés explicou que “somos conscientes das dificultades que se atopan moitas veces as familias para poder compatibilizar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos/as, sobre todo durante o período estival, coincidindo coas vacacións escolares, “por iso apostamos por recuperar o noso programa Cervo Concilia, que tradicionalmente ten unha gran acollida, e traballamos para buscar fórmulas que nos...

leer más
Etiquetas:
23/05/2021

O Concello de Cervo acondicionou unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.

O primeiro grupo que utilizará as instalacións, que están dispoñibles para todos os colectivos locais que as soliciten, será a asociación de recente creación Fol de Raxal, cuxos membros xa teñen á súa disposición a chave dun dos locais habilitados para ensaio dos colectivos culturais cervenses que o desexen.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Servizos Sociais, Pilar Armada, achégaronse ata as Escolas Vellas para amosarlles as instalacións e cederlles o local ao tempo que aproveitaron para darlles os parabéns polo nacemento de Fol do Raxal - cuxo nome responde a unha homenaxe ao barrio cervense no que comezaron a reunirse- e...

leer más
Etiquetas:
14/05/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, vén de poñer en marcha un novo servizo dirixido ás persoas usuarias da instalación da piscina municipal, incluído xa na cota mensual ou nos bonos diarios.

Tal e como explicou o edil de Deportes, David Rodríguez, durante a súa visita á piscina na que estivo acompañado por persoal da instalación, “trátase dun servizo de asesoramento persoal que inclúe sesións dirixidas por unha adestradora profesional que axudará ás persoas que o desexen a manter e/ou conseguir ou bo estado físico a través de diferentes exercicios de cardio e tonificación”.

Para este fin, apunta Rodríguez, adecuamos unha sala na piscina e reforzamos o material existente coa adquisición de mancuernas, aros e pelotas de pilates, balóns medicinais ou cintas de TRX; entre outros equipamentos....

leer más
12/05/2021

O Concello de Cervo programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas á escritora, poeta, profesora e tradutora, Xela Arias.

Tal e como anunciou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, este mesmo sábado, 15 de maio, o salón de actos do Concello acollerá o primeiro evento. Diáspora Teatro representará a súa obra “O Peirao”, de 45 minutos de duración, e pensada para toda a familia.
A función artéllase sobre contos para mirar ao redor, a nós mesmos e á natureza, para coidala e coidarnos.

Xa o propio Día das Letras Galega, o luns, 17 de maio, Teatro dos Ghazafelhos representará a obra “Monstros no Camiño”; no auditorio da Casa da Cultura, ás 12:30 horas. A peza está pensada tamén para toda a familia.

Ese mesmo día 17,...

leer más
04/05/2021

A edil de Educación, Dolores García Caramés, fíxolle chegar ao alumnado do centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz E IES Marqués de Sargadelos- as bases do concurso convocado pola biblioteca municipal ilustradas nun marcapáxinas  "co obxectivo tamén de incentivar o hábito da lectura".
 
1.- Poden participar todos os/as nenos/as con:
 
A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a
participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.
 
B. Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno...

leer más
Etiquetas:
23/04/2021

O Concello de Cervo, a través da área de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, conmemora este Día do Libro cunha actividade virtual interactiva na que convidan a participar a toda a veciñanza e seguidores/as destas plataformas.
 
As persoas que desexen participar tan só teñen que  recomendar a través das súas redes sociais un libro e citar unha frase que lles inspire que atopen entre as súas páxinas e etiquetar ao Concello de Cervo no facebook ou a @cervocultura no instagram.
 
Só por participar recibirán un bonito artículo en pel confeccionado neste caso, pola artesá local Maria Jul Rivas.

Tal e como apuntou Caramés "non nos cansamos de dicir que é todo un luxo a canteira de artesáns e artesás que temos no noso municipio. Desde o Concello, como non podería ser doutro xeito, tentamos colaborar con eles/as...

leer más
Etiquetas:
21/04/2021

O Concello de Cervo vén de convocar o XI concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2021”.

Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o 21 de maio ás 23:59 horas.

Hai...

leer más