O Encoro de Ríocobo acollerá o vindeiro sábado, 31 de outubro, a derradeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo do Club, Iván González e o adestrador do Club Sergio Álvarez, presentaron a proba que arrincará ás 15:30 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.
O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1;
e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 13 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.