Cervo

Etiquetas:
28/12/2021

O Concello de Cervo felicita á veciñanza do municipio co seu tradicional calendario de Nadal.

En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.

Tal e como explicou o rexedor Alfonso Villares, “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións...

leer más
Etiquetas:
26/12/2021
A Apalpadora pasará este luns por San Román de Vilaestrofe, en Cervo, e Viveiro da man da Vicepresidencia da Deputación. As visitas forman parte da programación organizada pola área de Cultura co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, que inclúe 15 encontros nas distintas comarcas.
 
As citas serán no pavillón polideportivo de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, ás 17.00 horas, coa colaboración da asociación veciñal da parroquia, e na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, ás 20.00 horas, coa colaboración da Asociación Centro Comercial Histórico.
 
A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar as crianzas esta personaxe e as lendas que perviviron na...
leer más
Etiquetas:
20/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.

Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.

A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.

 

Etiquetas:
19/12/2021

O Concello de Cervo programa para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada na tarde de onte polo alcalde Afonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas - Fervenza de Sargadelos, Airiños do Xunco, Escola de Artes Marciais de Cervo, grupo de teatro Bordelo e a asociación de veciños de San Román-.

A programación xa deu comezo onte, sábado con diversas actividades como o mercado de Nadal, deportes e música. 

Para o martes 21 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios da man...

leer más
Etiquetas:
16/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Carlos Mariano que se celebrará este sábado, día 18 de decembro, ás 20:30 horas na praza do Souto.

O cantante presentará Las canciones de tu vida, un repaso aos éxitos nacionais das últimas décadas.

Esta actuación inclúese no ciclo O Son do Nordeste, organizado pola área de Cultura do Concello de Cervo. Haberá un sistema de calefacción baixo a carpa do Souto.

 

Etiquetas:
15/12/2021

Cervo acollerá o sábado 18 de decembro o XIII Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu nas modalidades de Kata de base e Goshin Shobu (defensa persoal).

O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-Jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
 
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón Municipal da Veiga. Ao campionato acudirán participantes das catro provincias galegas.

Estímase que serán medio cento os participantes, desde a categoría alevín ata senior. Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 6 categorías.

Etiquetas:
11/12/2021

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo poñerá en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e  ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar as crianzas esta personaxe e as lendas e ritos que a rodean e que perviviron na memoria da xente do Courel e do oriente ourensán permitindo que, desde hai algo máis dunha década, asociacións e colectivos culturais popularizasen a súa figura.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “con esta programación seguimos contribuíndo á dinamización cultural en distintas concellos” e agradeceu “a colaboración das asociacións de...

leer más
Etiquetas:
04/12/2021

O Concello de Cervo organiza para esta ponte de decembro un amplo abano de actividades culturais.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, xunto co grupo de mozos do concello encargados de organizar as batallas de rap, presentaron na Casa da Cultura o programa de eventos que se desenvolverán desde o sábado 4 ata o mércores 8 de decembro.

A programación ábrese o sábado ás 21H na Praza dos Campos, onde Alberto e Ángel Sevilla ofrecerán un concerto dentro do ciclo de concertos "O Son do Nordeste".

Para a xornada de domingo á mañá temos  en Cervo “O legado de Tibu”, un espectáculo de patinadores e música. Dará comezo ás 12:30H na Praza do Souto.. Xa pola tarde, a programación continúa coa celebración da terceira xornada das batallas de rap no Auditorio da Casa da Cultura, que comeza...

leer más
Etiquetas:
01/12/2021

O Concello de Cervo organiza para este nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o xoves 22 de decembro.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos,  componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Estenderase durante as vacacións de nadal, finalizando o venres 7 de xaneiro. O horario de entrada será entre as 09:00h e as 10:00H  e o de saída oscilará entre as 14:00H e as 14:30h, permitindo unha maior flexibilidade a pais e nais.

As inscricións poñeranse disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello a partir de mañá, 2 de...

leer más
Etiquetas:
25/11/2021

O Concello de Cervo programa para este domingo, 28 de novembro, o concerto que ofrecerá a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. A actuación terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián ás 13:30 horas.

Este concerto inclúese no ciclo A Caixa de Música que o Concello de Cervo inauguraba o pasado mes de outubro e que se desenvolverá, en diferentes puntos do concello, con varias actuacións de música clásica e de bandas ao longo dos vindeiros meses. Este ciclo pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos celebraranse en fins de semana e festivos á hora do mediodía.