Centro

Etiquetas:
13/08/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e outras autoridades locais, participou este venres na inauguración do novo Centro Etnográfico José Rocha de Trabada. Este novo espazo, situado no edificio das antigas escolas do municipio mariñao, conta cunha achega de 18.000 euros da institución provincial a través do Plan Único de Coperación cos Concellos. 

Tomé Roca destacou o valor deste centro que continúa vinculado á “difusión do coñecemento e contribuirá de maneira importante a dinamizar a vida social e a vida económica de Trabada”. “Se queremos que a xente se quede a vivir no noso rural, nas nosas aldeas e nos nosos pobos, o que temos que facer as administracións é achegar os servizos públicos aos veciños, non...

leer más
13/08/2021

Hoxe tivo lugar a presentación do centro de interpretación do empresario José Barro, que estará situado no antigo cuartel da Garda Civil de Mondoñedo. Apaga, a asociación de profesores de automoción de Galicia, é a impulsora do museo que será inaugurado o vindeiro 25 de agosto. O Concello mindoniense cede o local que o acolle e inviste na súa posta en marcha. Álvaro Doural, o presidente de Apaga, quere que sexa un espazo vivo, que poida ser visitado polos centros de ensino da comarca e un lugar aberto ao que se poida seguir aportando material sobre o creador das industrias de Chavín. 

No acto, que tivo lugar esta mañá no Concello de Mondoñedo, participaron o alcalde, Manuel Otero, a concelleira de Turismo, Elena Candia, o presidente e o tesoureiro de Apaga, Álvaro Doural e Francisco Javier Rodríguez, así como a responsable de accións...

leer más
Etiquetas:
23/05/2021

O Concello de Cervo acondicionou unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.

O primeiro grupo que utilizará as instalacións, que están dispoñibles para todos os colectivos locais que as soliciten, será a asociación de recente creación Fol de Raxal, cuxos membros xa teñen á súa disposición a chave dun dos locais habilitados para ensaio dos colectivos culturais cervenses que o desexen.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Servizos Sociais, Pilar Armada, achégaronse ata as Escolas Vellas para amosarlles as instalacións e cederlles o local ao tempo que aproveitaron para darlles os parabéns polo nacemento de Fol do Raxal - cuxo nome responde a unha homenaxe ao barrio cervense no que comezaron a reunirse- e...

leer más
18/04/2019

O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos amplía a súa oferta de actividades cun establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais e cun obradoiro creativo e estudo de tatuaxes.

O rexedor, Alfonso Villares, asinou esta mesma mañá o contrato coa persoa adxudicataria do local número 1, Alejandro Molina, que ten previsto desenvolver a partir de maio a súa actividade baseada na fabricación e deseño de táboas de surf artesanais, incluíndo tamén a creación de prendas relacionadas con este deporte.

En días atrás, tamén foi adxudicado o local número 2, que albergará un obradoiro creativo (costura creativa, complementos/decoración creativa…); zona de tenda e espazo para nais lactantes; e estudo de arte na pel e perforación, entre outras actividades.

... leer más
Etiquetas:
02/04/2019

A Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrará a súa asemblea xeral o vindeiro 4 de maio en Mondoñedo, data que aproveitarán para abrir as portas do Centro Español de Documentación Espeleolóxica, que vai estar emprazado no Pazo de Santo Tomé, Centro Comarcal, de titularidade municipal. No acto participarán os presidentes de todas as federacións autonómicas e das dúas asociacións presentes na CEC.

O Centro de documentación aglutinará no espazo cedido polo Goberno local a biblioteca da Federación Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da antiga Federación Española. Son, tal e como explica o presidente da Federación Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez García, preto de 3.000 volumes que serán organizados nunha primeira fase...

leer más