O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa #BarreirosActivaMente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.
Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.
As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón https://bit.ly/3eBMcMx antes do martes 25 de outubro de 2022.
Unha vez finalizado o prazo de pre-inscrición, a educadora familiar poñerase en contacto coas persoas interesadas en participar para confirmar os locais e horarios definitivos.
Desde a área de Educación Familiar salientan a importancia destes talleres de aprendizaxe e lecer para favorecer o proceso de envellecemento activo traballando a memoria, a atención, a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.