Dentro do amplísimo programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán“ vai ser o primeiro posto a andar. Ata o momento están inscritos 57 nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria, número que esperamos incrementar xa que ata o 22 de xuño inda está aberta a inscrición.
Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, vai arrancar o próximo luns 25 de xuño con todo tipo de actividades; estas vanse realizar, no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.
A posta en marcha deste Programa incide na INTEGRACIÓN DA VIDA LABORAL E ESCOLAR, aproveitando que os nenos/as que participan están en período vacacional. Concilia Xove, nace para cubrir as necesidades por parte das familias con demanda de ter un servicio do concello para conciliar a vida familiar e laboral.
As actividades van ser realizadas e dirixidas pola empresa Lucus Neda, empresa de ocio lúdicodeportivo e educativo que conta cunha ampla experiencia no eido educativo, como xa tivemos ocasión de comprobar o pasado verán 2017, xa que tamén foron eles os encargados de realizar estas mesmas actividades.
Actividades que se van a realizar dentro de “Xove Concilia Verán”:
En busca das Reliquias Perdidas! Unha misteriosa investigadora nos deixa unha carta e un maletin cunha serie de aparellos e pistas. Resulta que no campamento se agochan unhas reliquias moi valiosas e nos propón axudarlle xa que para atopalas precisa un mapa. Os trozos do mapa están protexidos por unha serie de retos e desafíos...
Seremos quen de superalos? Cada semana os rapaces e rapazas terán unha carta e contarán con toda a semana para superala proba e asi obter un trozo de mapa!
Deberás pasar probas e Ximkanas de Habilidade
Educación da natureza: Encontra o mapa e sigue o Rastro e as pegadas
CazaRecompensas: utilizando “GeoCaching” Localizaremos as reliquias e os obxectos escondidos perdidos
ArteTerapy: Deixa voar a túa imaxinación! Tanta maquinita nos limita a creatividade, vamos a fomentar a libre expresión...
Cada día, a primeira hora haberá manualidades simples para os nenos e nenas mais imaxinativos. Manualidades e formas de expresarse a través do arte. Cada día fomentamos a expresión e creatividade
PequeCiencia e MiniCheff:
Recetas variadas e concursos MasterCheff .
Experimentos de ciencia sobre fenómenos científicos e físicos.
Recetas Variadas dulces y saladas.
Festa Musical: A libre expresión e a motricidade a través da música! O último dia nos despediremos a ritmo de música e xogos moi movidos!
Horario Rutinas de cómo se van desenvolver estas actividades:
1ºHora: Ti elixes: Varias actividades para escoller por estacións: xogo libre, xoguetes, música, manualidades simples. etc. Os nenos e nenas precisan certa liberdade para elixir.
2ºHora: : Actividade Creativa: Arterapy, pequeciencia o minicheff DESCANSO
3ºHora: Actividade de Movimiento y Aventura. Descobre o misterio do campamento e resolve o 1º reto: Resolución de acertixos e probas de lóxica para a primeira parte do mapa.
4ºHora: Asamblea+xogos de coñecemento: A opinión e o benestar dos rapaces e rapazas e importante.