Gastronomía

Etiquetas:
18/02/2025

Do 21 ao 23 de febreiro terán lugar as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante os 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”. 

Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.

Paleo indicou que “con esta proposta gastronómica queremos animar este tempo de Entroido na fin de semana anterior ao grande desfile de Foz”.

Colaboran con AciaFozCCA a Xunta de Galicia e o Concello de Foz. Na presentación da campaña participaron o alcalde de Foz, Fran...

leer más
Etiquetas:
17/02/2025

Este sábado, día 22 de febreiro, a partir das 12 horas o local da asociación cultural Xebra!, en Burela, acolle unha aula práctica sobre como elaborar pratos típicos da gastronomía caboverdiana, como a cachupa e o cuscuz.

A profesora será Ineida Moreno, que guiará paso a paso sobre a preparación destes pratos, que despois serán degustados en grupo. A actividade está aberta para todas as persoas interesadas e ten un prezo de 10 euros, que inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios para a preparación.

Para participar é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro escribindo ao enderezo electrónico xebraburela@gmail.com ou a través das redes sociais da asociación.

Etiquetas:
17/02/2025

Ata o 14 de marzo está aberto o prazo de inscrición no XVIII Ribadeo de Tapeo, que terá lugar en maio.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, explicou que “poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración localizados en Ribadeo: bares, mesóns, restaurantes e cafeterías, que se inscriban e acepten as bases que poden atopar colgadas na web do noso concello: www.ribadeo.gal”. 

A edil ribadense dixo que “este evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura das tapas e fomentar a calidade da gastronomía de Ribadeo. O XVIII Ribadeo de Tapeo terá lugar do 10 ao 18 de maio. Os participantes poderán presentar 1 tapa: salgada ou doce; ou dúas tapas, que deberán ser unha maridaxe entre salgada e doce. As preparacións poderán ser frías ou quentes...

leer más
Etiquetas:
14/02/2025

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro. 

Paleo indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida o ano pasado e neste 2025 agardamos repetir. Os amantes do café teñen unha boa...

leer más
10/02/2025

A Xunta colabora coa terceira Festa do Cocido de Porco Celta que se celebrará en Carbarcos, no concello de Barreiros, o próximo sábado, 15 de febreiro. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, organizada pola comisión de festas deste núcleo.

A comida servirase baixo unha carpa no campo da festa. O cocido preparado coa carne de Porco Celta estará acompañado de verduras de produtores locais. Tamén haberá postos de venda ao público nos que se ofrecerán alimentos con certificados de calidade presentes na elaboración do menú, como o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta; as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Grelos de Galicia e Mel de Galicia; as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) de queixos do Cebreiro e Arzúa-Ulloa; así como os viños da DOP Ribeira Sacra.

Arias...

leer más
Etiquetas:
09/02/2025

O Concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXXI edición. Ao longo da xornada os dez locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán o mexillón como protagonista.

Participarán os establecementos O Noso Lar, A Bodega de Ana, O Faro, A Penúltima, Bar Maruxaina, O Trasgo, Habana, bar El Puerto, A´Brasame Poliño e O Encontro.

A cita foi presentada pola rexedora municipal de Cervo, Dolores García Caramés, e por unha representación dos locais participantes. A alcaldesa puxo de manifesto que esta festa “é sempre un gran reclamo para atraer visitantes, e para animar a vila, a través dun produto que simboliza tamén a nosa conexión co mar”.

A rexedora convidou a veciños e visitantes a participar nesta festa que “é unha mostra do...

leer más
05/02/2025

Este xoves, día 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando, ruta de tapas que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais. Así na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina.

Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.

Etiquetas:
04/02/2025

A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova) organiza un cocido de Entroido para o día 15 de febreiro, sábado, ás 14:00 horas.

O prezo para as persoas asociadas o colectivo veciñal é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 30 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de febreiro.

Etiquetas:
03/02/2025

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve esta semana baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.

A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira, Mali Méndez, e polos representantes dos establecementos participantes.

As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.

Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:

* Caseto de Copa, Spaguitti “frutti di mare”
* Pousada O Almacén, Hutspot
* A Taberna de...

leer más
Etiquetas:
01/02/2025

En Foz haberá doces e cóctel afrodisíacos para celebrar San Valentín do 10 ao 16 de febreiro dentro da campaña de AciaFozCCA para estas datas. A tradicional cita foi presentada polos responsables de dous dos establecementos participantes Xoyma e Anduriña, acompañados do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e da concelleira de Comercio, Kathy Navarro.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 10 ao 16 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de San Valentín. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun...

leer más