Exposiciones
O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, inauguraron na Casa da Cultura unha exposición de fotografías de Alicia Castro Oroza.
A mostra titulada "Idílico Sabor" poderase visitar ata o 30 de outubro de luns a venres e horario de 10 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
A exposición fotográfica de CristianCarabali, que recolle imaxes de paisaxes da Mariña, chega no mes de outubro a Mondoñedo. A inauguración celebrarase este sábado, sete de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Comarcal (Pazo de Santo Tomé), ás 17:00 horas.
Esta exposición, que suma a décimo primeira que o fotógrafo fai na comarca, poderá visitarse dende o sábado día sete ata o 31 de outubro, tanto en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas, como pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.
A mostra recolle imaxes de diferentes paisaxes da Mariña lucense e, no caso concreto de Mondoñedo, hai fotografías da Catedral e do Mosteiro dos Picos. Ademais, entre a imaxes seleccionadas para ser expostas na localidade tamén hai retratos que, segundo o autor, son atípicos, xa que responden a unha forma diferente de mostrar ás...
leer másO Concello de Barreiros colabora co grupo Nordés (grupo de facebook) na organización da exposición conxunta de Olivia C. Rozas e María del Carmen Santamarina que se inaugura mañá, venres DÍA 15, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme.
Ambas artistas son veciñas de Barreiros. Na mostra Olivia C. Rozas presenta un mundo en branco e negro de onírico lirismo que intercala realismo e soño a través do grafito. Pola súa banda Santamarina pon a voz aos trazos de Olivia mediante breves poesías que nos falan do amor, o mar e a emigración.
Olivia C. Rozas é debuxante dende moi nova e o seu medio de expresión favorito é o grafito sobre papel. Defínese como unha artista autodidacta que explora as fronteiras do real e o onírico compoñendo a súa realidade a través de grisallas, aínda que de vez en cando...
leer másA Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou a mostra itinerante Nós+outrxsen rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva.
García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.
Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que...
leer másO Castelo de Castrodouro poderase visitar a partir deste mes de setembro todas as fins de semana e festivos. O horario para esas xornadas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. A entrada é gratuíta.
A torre do Castelo acolle na actualidade unha exposición de traxes feitos a man en seda, liño e encaixe de Camariñas confeccionados pola deseñadora Remedios Espantoso. Ademais tamén se pode ver nesta instalación unha mostra de cadros do alfocense Hipólito Xeada titulada Vistas de Alfoz e típicos de Galicia, que se inaugurou o 2 de setembro.
Ambas exposicións poderanse visitar ata o vindeiro 1 de outubro, así como a mostra permanente do zoqueiro Alberto Geada.
O luns, 4 de setembro, inaugúrase no Complexo Regalxunqueira de Viveiro a exposición titulada Enxebres da Mariña e Tánger de Agustín Patiño Belinchón.
A inauguración terá lugar ás 20:00 horas e despois haberá unha esa redonda sobre percebeiros organizada polo colectivo Os Aventados, e na que intervirán Eugenio Linares, Torrero do Faro de Estaca de Bares, do Faro da Coelleira e do Faro de Ortegal; e Vicente Vázquez, percebeiro e presidente da Cofradía de Pescadores de San Ciprián.
Agustín Patiño Belinchón, nado en Madrid en 1942, confesa que dende hai cincuenta e cinco anos que pisou A Mariña por vez primeira, a súa vida xa está ligada a esta terra. Nesta mostra xunta dous espazos tan diferentes como son Tánxer en Marrocos e A Mariña de Lugo e Coruña. Os temas son extraídos da realidade pola súa beleza ou porque...
leer másHoxe, venres, inaugúrase no Forte de San Damián, en Ribadeo, a exposición Nordesía, unha viaxe artística de Bergantiños á Mariña, que recolle obras de creadores e creadoras procedentes de Carballo. Será ás 19:00 horas e alí permanecerá aberta ata o 15 de setembro. Ademais na Sala de Turismo continúa ata o 22 de setembro unha mostra de esculturas de César Castaño.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, lembrou que “segue aberta ao público a exposición de César Castaño A fuego y martillo, que se pode visitar na Sala de Turismo en horario de 10:00 a 13:30 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. Trátase de esculturas labradas a fuego y martillo como ben reza o título da exposición, e que se poden contemplar ata o 22 de setembro”.
Farruco Graña anunciou que “desde a terra de Bergantiños chega unha mostra...
leer másA exposición Amazigh, sobre o Marrocos Bereber, que está nestes intres na sala de exposicións da Casa da Cultura, de San Ciprián, de Clara Lelarge e Jesús Giz Novo, poderase visitar ata o 9 de setembro.
Trátase dun proxecto que naceu trala viaxe dos autores a Marrocos no 2015, cando percorreron durante días lugares remotos habitados polo pobo Bereber, termo despectivo que substitúe ao propio Amazigh, que significa home libre.
O horario de visita é de 9.00 a 14:00 horas, pola mañá; e de 17:00 a 20:00 horas, pola tarde.
Ese mesmo día 9 de setembro como acto de clausura da exposición haberá unha proxección audiovisual ás 13:00 horas, na propia Casa da Cultura.
Ata o 22 de setembro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición A fuego y martillo, de César Castaño. Trátase dunha mostra de esculturas realizadas en ferro. O horario é de luns a domingo de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes.
A Oficina de Turismo está situada na rúa Dionisio Gamallo Fierros, 7.
A exposición conmemorativa do 25º aniversario da Banda Municipal de Música de Ribadeo inaugurouse o sábado na Casa do Mar ribadense, onde a mostra estará aberta ao público ata o día 26 deste mes.
No acto inaugural interviñeron a concelleira de Educación, Mari Luz Álvarez Lastra; o presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez; o anterior máximo responsable do colectivo, José Luis Pulpeiro; e o director da Banda, David Ballester. Tamén estiveron a alcaldesa de Ribadeo en funcións, Ana Martínez, o edil de Cultura, Farruco Graña; e outros concelleiros da corporación municipal ribadense.
A exposición, que recolle carteis, programas, fotografías, instrumental antigo e outros obxectos relacionados coa historia da Banda, estará aberta ao público, con entrada libre e gratuíta, ata o vindeiro sábado, día 26,...
leer más