Exposiciones
O pasado sábado, 12 de agosto, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, acompañados polos fotógrafos presentes na mostra e por un grupo de nenos/as do Programa Xove Concilia, inauguraron unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola décima edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cores”, sección na cal se presentan 8 fotografías.
O resto da exposición, 40 das 48 fotografías que a conforman, foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 48 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.
Os participantes na edición deste ano, son: María...
leer másEste jueves, 10 de agosto, en la Casa do Concello a las 19 horas se inaugura la exposición de fotografías del concurso organizado por la asociación Batitales. Son unas 140 imágenes, que durante las próximas semanas estarán expuestas en unos 40 negocios, integrantes de la asociación local de comerciantes. La muestra se denomina “Mondoñedo en detalles arquitectónicos”. Las fotos ganadoras de las distintas secciones estarán expuestas en la Casa do Concello.
Al mismo tiempo en el acto de inauguración se harán públicas las bases del II Concurso Fotográfico “Cóntanos unha historia” y a las que se podrá tener acceso permanente desde las cuentas de facebook y twiter de la asociación Batitales.
A Sala de Exposicións da Casa de Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de agosto a exposición fotográfica do VII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de medio ambiente, Manuela Méndez, visitaron a mostra composta por 32 fotografías inéditas e orixinais, tomadas en diferentes lugares de Galicia.
Recordamos que o primeiro premio recaeu en Pedro Antonio Vicente Canoura, pola fotografía que leva por título Autillo Europeo (Otus scops).
O segundo premio foi para María Elena Fernández Vázquez, coa foto Remuíños e Maruxaina. Trátase dunha vista da Maruxaina no medio das rochas, nun solpor. Foi capturada cun obxectivo “ojo de pez” e acadou o segundo premio tras unha segunda votación ao empatar coa foto “Souto da Retorta”. Ademais,...
leer másNa sala de exposicións do Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, inaugurase o 8 de agosto ás 20:00 horas unha exposición de pintura de Pablo Giménez Olavarría titulada Natureza Luz.
Pablo Giménez pinta da natureza e na natureza. Co paso dos anos, o debuxo foi cedendo protagonismo á luz e á cor natural para construír a atmosfera deses lugares que, pola razón que sexa, fórono levando alí a pintalos. Nos óleos isto faise máis patente pois non hai máis que pequenas pingas de pintura moi diluída que suxiren, a través de continuas correccións de tono e luminosidade, a sensación que un pode sentir aí. Nos seus cadros non hai unha intención descritiva nin narrativa, só son o resultado dunha intensa percepción e goce da natureza.
Pablo Giménez Olavarría nesta exposición achégase á natureza a través do efecto da luz na...
leer másA sala de exposicións da Biblioteca de Cervo acolle a mostra AMAZIGH, mostra de fotografías sobre o Marrocos Bereber, de Clara Lelarge e Jesús Manuel Giz Novo.
Pódese visitar ata o día 13 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas, en horario de mañá, e de 16:00 a 18:00 horas, en horario de tarde.
O 14 de agosto, trasladarase á Casa da Cultura de San Ciprián.
O Castelo de Castrodouro en Alfoz acolle unha exposición da pintora menorquina Pilar Perdices, que se poderá visitar ata o 31 de agosto. “Paisajes de la memoria” é unha colección de pinturas inédita realizada en exclusiva para esta exposición.
Pilar Perdices, natural de Mahón (Baleares), e licenciada en Belas Artes e Catedrática numeraria de bacharelato na especialidade de debuxo. A súa primeira exposición individual foi no ano 1967, e desde entón expuxo en diferentes lugares de Barcelona, como a Praza da Catedral, o Museu de Vilassar de Mar, Centre Cultural Torre Vella de Salou, Fundació cultural Caixa Terrassa, e un longo etcétera, así como en Madrid, e na súa terra natal tanto en Menorca como en Palma de Mallorca. A exposición inaugurada este mediodía é a primeira que Pilar Perdices fai en Galicia, terra da que se namorou desde que...
leer másHoxe foi inaugurada a exposición Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, que organizan ABanca, AFundación e o Concello ribadense.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, sinalou que “este venres, 28 de xullo, inaugúrase a exposición Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”. E subliñou que “esta mostra é un dos eventos culturais máis importantes do Concello de Ribadeo para este verán e forma parte da obra social de ABanca a través de AFundación”.
Graña engadiu que “esta mostra fotográfica é unha testemuña documental da Galicia dos anos 20 e nela poderemos contemplar polo menos unhas 8 fotos de Ribadeo”.
A exposición estará aberta ata o 26 de agosto e o seu horario será de martes a domingo, desde as 11.30 ás 13.30 horas e...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha mostra de labores da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
Son os traballos que fixeron ao longo do curso un grupo de 20 mulleres deste colectivo no local municipal de Castelo, baseados fundamentalmente na pintura e na técnica do macramé.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e de Muller e Igualdade, Pilar Armada, acompañaron na inauguración da exposición a unha representación deste colectivo.
A mostra, pódese visitar ata o día 30 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 horas, pola mañá; e de 18:00 a 21:00 horas, pola tarde.
As Espalladoras, da man da súa monitora Fuensanta Alonso, converteron a sala expositiva nunha casa, simulando o salón, os diferentes cuartos...
leer másA Deputada de Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llaño García, inauguraron a mostra itinerante, A colección de ourivaría Antiga do Museo Provincial de Lugo, que estará exposta ata o 30 de xullo na Casa da Cultura do Concello de Burela, coincidindo coa Festa Castrexa que se celebra os días 14, 15 e 16 de xullo en dito municipio mariñán.
García Bermúdez destacou que “no ano 2015 a colección de ourivaría de Álvaro Gil Varela foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, e con motivo desta importante distinción, dende o Goberno da Deputación,poñémos en valor a riqueza patrimonial galega e os fondos dos nosos museos, ao tempo que contribuímos cunha actividade lúdico-culturalá programación da VI edición da Festa Castrexa de Burela”.
A mostra propón unha visión...
leer másA Casa da Cultura acollerá unha exposición coa réplica do torques, de Burela. Será dos días 13 ao 16 de xullo, coincidindo coa celebración da festa castrexa. Aínda que o desexo do equipo de goberno sería contar co torques orixinal, iso non será posible por cuestións de seguridade. Xunto ao torques tamén haberá unha mostra de ourivería. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, reuníanse onte coa directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.
O concelleiro de Cultura explicou que “visitábamos el Museo Provincial de Lugo, el alcalde de Burela, Alfredo Llano, y yo mismo, estuvimos con la directora del Museo, Aurelia Balseiro, buscando líneas de colaboración entre el Concello y el Museo de la Diputación, para acercarle un poco a la gente de Burela lo que es el torques, cómo fue ese hallazgo y la...
leer más