Forte de San Damián
Organizadas pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o ribadense Forte de San Damián acollerá actividades durante a primeira fin de semana de marzo. O sábado 1 haberá unha xornada de portas abertas de 10:30 a 13:30 horas, con visita guiada gratuíta ás 12:00, previa inscrición a través do correo electrónico castillosandamian@gmail.com, e con prazas limitadas. E o domingo 2 de marzo ás 17:00 horas na sala 3 do Forte de San Damián terá lugar unha conferencia do ribadense Alberto Paraje Méndez sobre o ataque inglés a Ribadeo do ano 1719. A asistencia á charla será libre e gratuíta ata completar o aforo.
Alberto Paraje explica que o ataque inglés a Ribadeo de 1719 “foi, sen dúbida, o episodio bélico máis salientable na Historia da nosa...
leer más