Exposiciones

11/03/2018

Trátase dunha recompilación dos traballos de Ángel Picos, Sergey Sozonov e Diego Pérez, membros de asociación cultural Galioart, de Ortigueira, que poderá ser visitada desde o luns 12 ata o 28 de marzo.

Son unhas corenta obras de diferentes estilos as que se poden ver na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.

07/03/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participa mañá xoves, ás 13:00 horas, na presentación na Casa do Concello do terceiro panel ‘A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”.

Dende o Goberno local explican que, seguindo o labor iniciado o ano pasado para poñer en valor a aquelas mulleres mindonienses que dunha maneira ou outra fixeron, fan ou farán historia, este ano presentarase o novo panel que formará parte da exposición permanente “A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”. 

A este respecto, engaden que durante este mes de marzo os paneis estarán expostos na entrada da Casa de Concello. A partir de abril poderán verse na sala de reunións de Servizos Sociais e CIM.

A maiores e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Mondoñedo, a través do Centro...

leer más
Etiquetas:
12/02/2018
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e Carlos López Gil, representante dos herdeiros de Álvaro Gil Varela, asinaron este luns no Museo Provincial da Deputación, a adquisición por parte do Executivo Provincial do último lote de 4 pezas da colección de ourivaría castrexa do filántropo lucense. En virtude deste contrato, o Executivo provincial achegará este ano o pagamento de 350.296 euros, que lle permitirá adquirir o quinto e último lote, co que remata a adquisición completa desta colección. 
 
“Esta colección, que foi declarada BIC no 2015, consta de 40 pezas de ourivaría castrexa (pre e protohistóricas). Actualmente se exhiben na sala 8 do Museo Provincial e está formada por torques, brazais, arracadas e pulseiras procedentes de toda Galicia. Inclúe, ademais, emblemáticas xoias como o Torque...
leer más
06/02/2018

La Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro ha hecho público el fallo del jurado del X Concurso de Carteles de la Semana Santa 2018.

El ganador de esta edición ha sido Juan López Jiménez por su obra Sonidos Ancestrales en la modalidad de Diseño Gráfico. Este premio está dotado con 600 euros y el cartel será el que presentará la Semana Santa de Viveiro 2018.

El segundo premio ha recaído en Rafa Rivera Gueimunde con la obra El Cristo de la Caña en la modalidad de Fotografía, que recibirá una dotación económica de 400 euros. Y el tercer premio ha sido para J. Manuel Paleo por su obra Ego Meum Tempus en la modalidad de Foto-Composición y que recibirá 200 euros.

Los premios se publicarán en la revista Pregón, pudiendo utilizarse como portada de la misma, en programa de actos u otros...

leer más
Etiquetas:
03/02/2018

Ata o 16 de febreiro estará aberta ao público na Casa da Cultura de Burela a exposición cos traballos realizados nos cursos de tempo libre do Centro de Información ás Mulleres. O horario de visita de luns a venres será de 11 a 13 horas e de 17:30 a 19:30 horas.

Á inaguración da mostra, que tivo lugar na xornada de onte, asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, e o alcalde, Alfredo Llano, que subliñou que "se trata de traballos de moita calidade. Merece moito a pena velos. Animo a todo o mundo a que se achegue pola Casa da Cultura ao longo dos vindeiros días para ver o resultado dos cursos de tempo de libre do CIM".

 

Etiquetas:
22/01/2018

O Deputada de Cultura, Pilar García Porto,recibiu este luns no Museo Provincial de Lugo de mans do artista David Catá, unha doazón dunha das súas obras. Trátase dunha fotografía que leva por título “Segunda pel 02”, realizada no ano 2011, que pertence á colección Ephmera, que esta exposta mesma sala.Ademais durante este actoCatá avanzou un novo traballo de videoarte baixo o título “Sete petalos”, que pertence ao seu novo proxecto fotográfico “Horizontes”.

A Deputada de Cultura aproveitou este acto para presentar o catalogo da exposiciónEphemera, a última obradeCatá (Viveiro, 1988), que pode verse nestas instalacións ata este domingo. “O catálogo recolle a colecciónde máis de 80 pezasprincipalmente fotográficas que amosan a particular visión artística de Catá, no que ensina como a vida seconstrúe a partir de momentos fugaces”.

... leer más
Etiquetas:
22/01/2018

Ata o 11 de febreiro de 2018 permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro, no concello de Alfoz, unha exposición itinerante de ourivería antiga. Trátase da mostra “A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo”, que fai un percorrido por esta arte desde a idade de bronce ata a idade media. Inclúe unha réplica a tamaño real do Torques de Burela (S.II a.C. – S. I d.C.).

Ademais desta exposición itinerante o Castelo alberga outra permanente sobre as zocas. O acceso ás mostras e ao castelo é de balde. 

 

10/01/2018

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.
  
Este venres, día 12, ás 9:30 horas terá lugar un obradoiro explicativo da mostra dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do colexio público CEIP Juan Rey, de Lourenzá. Neste obradoiro os alumnos realizarán diversas actividades relacionadas todas elas coa educación en igualdade.
 
Esta actividade está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá. 

 

Etiquetas:
09/01/2018

O colectivo Tá en Artes organizará dúas exposicións dedicadas ao artista, unha delas no seu Mondoñedo natal, que se celebrará o 24 de marzo, e na que os seus exalumnos e exalumnas renderanlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. A outra mostra terá lugar no Museo Provincial a finais de ano e será unha antolóxica de Juan Puchades.

Ademais haberá dúas exposicións dentro da Semana das Artes Plásticas no Cenima de Foz coa participación dos e das artistas da Mariña dentro do que se chama Escaparate da Arte da Mariña 2018 que comezará o 28 de marzo. 

Por outra banda os centros escolares realizarán unha exposición conxunta onde os alumnos e alumnas mostrarán as reflexións plásticas a partires da figura do mestre. Esta mostra terá como espazo a antiga Casa de Administración de Sargadelos...

leer más
25/12/2017

Trátase dunha mostra formada por 15 ilustracións, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, que a edil de Muller e Igualdade do Concello de Cervo, Pilar Armada, conseguiu traer a este municipio.

Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Deste xeito podemos ver os traballos de dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca; así como de diferentes figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca ou David Pintor, entre outros moitos; que plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideraron violentos entre adolescentes, co obxectivo de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

É unha mostra que convida a reflexionar, a escoitar o que os corazón din,...

leer más