Produart
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres na presentación da XXXVIII Feira do Bonito e XXII da Feira Produart, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Burela. No acto tamén participaron a alcaldesa do municipio e Deputada de Economía, Facenda e Recadación de Contas, Carmela López; e a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera; entre outras autoridades.
O acto de presentación da cita incluíu cunha showcookingorganizada coa colaboración da Deputación, co obxectivo de impulsar a gastronomía local cara a celebración da feira que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de agosto. A sesión contou coa participación de destacados chefs da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo, que presentaron varios propostas culinarias en directo co bonito como...
leer másEsta fin de semana a nave de redes do Porto de Burela volve acoller unha nova edición de PRODUART, a Feira dos Produtos do Mar, Artesanais e Ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar e que, como cada ano, se celebra de venres a domingo coincidindo coa Feira do Bonito.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, xunto coa presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, inaugurarán a 21ª edición da feira este venres ás 18:00 horas na nave de redes do porto de Burela.
Desde o venres pola tarde ata a noite do domingo, o porto de Burela acollerá a máis de 40 expositores de diversa orixe, desde artesanía tradicional e produtos naturais-ecolóxicos, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.
... leer másTralo éxito da súa última edición en agosto de 2019, esta fin de semana volve celebrarse en Burela a vixésima edición de PRODUART, a Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar.
A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, xunto co presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, inaugurará este venres ás 17:30h na nave de redes do porto de Burela a primeira edición despois do parón obrigado pola pandemia.
Produart persiste como plataforma de exposición comercial-feiral para poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio. O evento pretende reflexar os valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición...
leer másO Concello de Burela acolleu, este mediodía, a presentación da XXXV Feira do Bonito, que se celebrará os días 3 e 4 de agosto. En total vanse servir 3.500 quilos de túnido preparado á grella, cocido, en empanada, en salpicón e en marmitako. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliña que esta será unha edición moi especial xa que é a primeira que se celebra despois de que a feira fose declarada festa de interese turístico nacional. O pregón será pronunciado pola actriz Estíbaliz Veiga, o sábado ao mediodía, e pola noite actuará Budiño. Ademais do 2 ao 4 de agosto celebrarase, tamén no porto de Burela, a décimo novena edición de Produart, a feira de produtos artesáns e ecolóxicos, que contará con 60 stands.
O rexedor burelés dixo que “é unha edición que consideramos importante para o noso concello dado que é a número 35 e está considerada...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e a Presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera, presentaron este venres nos xardíns da institución a XXXIII Feira do Bonito de Burela, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto. O organismo provincial colabora con esta cita, recoñecida como Festa Galega de Interese Turístico, cunha achega de 8.000 euros dentro da súa aposta polo impulso do sector pesqueiro e dos produtos do mar para xerar riqueza na provincia luguesa.
Campos Conde destacou que “esta cita é unha oportunidade económica única para a provincia, pois impulsa un sector punteiro como a pesca, que é capaz de dar emprego a miles de familias lucenses e xerar un volume de negocio de máis de 125 millóns de euros; ao tempo que promociona os produtos do mar e así...
leer másA Fundación Expomar, que preside Alfredo Llano, organiza os días 4, 5 e 6 de agosto en Burela, a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos.
A feira abrirá as súas portas o venres 4 de agosto, ás 17:30 horas, con carácter totalmente gratuíto para @s visitantes. Como sempre coincide coa celebración da Festa degustación do Bonito do Norte, organizada pola AC Ledicia, que terá lugar o sábado 5 de agosto, na explanada portuaria.
Produart 17 informa a todas as empresas de produtos artesanais e ecolóxicos que estes días está coa campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calquera empresa relacionada cos sectores artesanais e ecolóxicos pode poñerse en contacto coa Fundación a través dos números de teléfono 982 586 232 e 610 574 188, ou no mail...
leer más