Eventos

Etiquetas:
15/10/2023

A asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha viaxe micolóxica a Monforte de Lemos o 21 de outubro. As persoas interesadas deben anotarse antes do 18 no 653 756 454 (Ricardo).

Haberá recolleita de setas, comida temática e visita guiada con J.L.Cuba. 

A saída en bus desde O Barqueiro será ás sete da mañá e ás sete e cinco desde O Vicedo. Para aas 9:30 horas está programada a recolleita e identificación de setas. Desde a organización recomendan levar botas, cesto, navalla e auga.

Ás 14:30 horas será o xantar no restaurante Trespés. O menú consistirá en ensalada de porros e setas e xamón; croquetas de  boletus; cachelo á brasa e zarrotada; guiso de patacas, níscalos e mexillóns; lomo de porco, pataca trufada, gulas de monte e castañas; flan de queixo e...

leer más
Etiquetas:
15/10/2023

El Club Clásicos O Vicedo organiza la tercera edición de su concentración de coches clásicos para el 11 de noviembre, sábado.

Las actividades comenzarán a las 10 de la mañana con la recepción de los vehículos en la calle Ciudad de Mondoñedo. A las doce del mediodía comenzarán una ruta turística y para las 14:00 horas está programada la comida, con plazas limitadas. Los interesados pueden reservar para participar a través de los teléfonos 626.83.69.46, 679.76.31.91 y 680.47.93.37.

 

13/10/2023

Quedan suspendidas todas as actividades de carácter público previstas entre hoxe e o vindeiro domingo, 15 de outubro, por mor do importante incendio que lle está a afectar a Ribadeo. Así o ven de comunicar o alcalde, Dani Vega, a través dun Bando. 

O texto di que “con ocasión do importante incendio forestal que se produciu na tarde de onte e que afecta de xeito moi importante á zona rural en diferentes parroquias no termo municipal, de acordo con canto se dispón no artigo 21.1 m) da vixente Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local quedan suspendidas todas aquelas actividades de carácter público previstas durante o día de hoxe venres 13 así como as previstas para o sábado 14 e domingo día 15 de outubro de 2023 sinalándose entre outras: Festas do Santo Cristo que se ían celebrar na parroquia de Piñeira, as competicións...

leer más
Etiquetas:
13/10/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de anunciar o aprazamento do acto de elección do rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que estaba programado para mañá, sábado 14 de outubro, na Sala Bahía de Foz, por mor dos incendios que seguen activos nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo.

“Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación”, sinalan desde a organización, que engade: “desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie”.

... leer más
Etiquetas:
12/10/2023

O día 25 de novembro, sábado, a partir das 21:30 horas no pavillón polideportivo de San Cosme de Barreiros terá lugar unha cea baile organizada pola comparsa barreirense Habelas Hainas.

Haberá “comida, música, agasallos... e sobre todo moita festa”, anuncia a organización. O menú inclúe callos, costela asada, sobremesa e café. Sortearán regalos e o baile estará amenizado pola discoteca móbil The Sound Project. 

Para reservar as entradas os teléfonos de contacto son 666.820.228 e
647.086.991. O prazo remata o 20 de novembro.

Etiquetas:
11/10/2023

Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA. 
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa que temos por diante. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esta ponte festiva na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo que seguimos a ter”.

O presidente de AciaFozCCA lembrou que “a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa poderá...

leer más
Etiquetas:
10/10/2023

Éxito da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado sábado. Este proxecto está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

Xa están esgotadas as prazas para as actividades que se desenvolverán os días 12 e 14 de outubro. O vindeiro xoves día 12 Sofía López guiará un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). E o sábado 14 de outubro con Boris Vilar e o artesán ferreiro JOMACA (José Mario Cabo) os asistentes coñecerán de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. Xa o sábado, día 15, Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegarán aos participantes...

leer más
10/10/2023

Preto de 140 persoas viaxan esta semana co programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son veciños e veciñas dos municipios de Barreiros, Navia de Suarna, Lourenzá, Lugo, Taboada e Pantón os que percorrerán diferentes puntos do territorio -desde o martes e ata o venres- a través desta iniciativa de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer o turismo de proximidade.

Este martes as mulleres rurais Tea de Araña de Barreiros e Ledicia de Navia de Suarna serán as protagonistas, con excursións á Ribeira Sacra e á Mariña. As primeiras comezaron a xornada cunha parada na Granxa Gayoso Castro da institución provincial, onde foron recibidas polo Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, antes de continuar cara Taboada e...

leer más
Etiquetas:
09/10/2023

A localidade focega de A Espiñeira celebra as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, mércores e xoves.

O mércores a partir das 22:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Saudade e a disco móbil Eventec co DJ Cosme. Sortearase un agasallo valorado en 150 euros.

E o xoves a partir das 12:00 celebrarase misa solemne e procesión amenizada pola Banda Municipal de Música de Foz. E a continuación, sesión vermú prolongada a cargo do grupo Kalima 3.0.

No recinto da festa haberá carpa.

Etiquetas:
09/10/2023

A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 12 ao 14 de outubro.

Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe,  entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o xoves 12, cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú da man do Grupo Fénix, que repetirá a partir das 23:00 horas na verbena, que terá lugar no Pavillón de Deportes da parroquia.

Xa o venres, 13 de outubro, será o SanroDance 2023 a partir das 23:00 horas e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DJ Roquiño e DJ Robert Morr.

O sábado 14, volverá...

leer más