O Concello de Xove ven de presentar o programa definitivo do Entroido 2024, que arrincará o 9 de febreiro con baile infantil de disfraces no pavillón municipal a partir das 18:00 horas, amenizado pola disco móbil Conxuro.
Xa o sábado, 10 de febreiro, desenvolveranse as actividades centrais do Entroido co seguinte programa:
-17:00 horas.- Desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.
-Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, haberá festa rachada no pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola DISCO MÓBIL CONXURO; nun intermedio desta actuación entregaranse os premios infantís do desfile. Despois da Disco Móbil imos terá lugar a actuación do GRUPO FÉNIX, e no intermedio da mesma serán entregados os restantes premios (categorías adultos) do Desfile. A festa continuará no pavillón ata altas horas da madrugada coa Disco Móbil Conxuro.
Desde o Concello explican: “moitas persoas nos preguntaron como imos entregar os premios. É importante sinalar que os premios vanse entregar en metálico, ao remate do Gran desfile, os infantís nun intermedio da Disco Móbil Conxuro e o resto nun intermedio da actuación do Grupo Fénix, tal como apuntamos antes”.
Inscrición
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (10 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.