A asociación Chao de Castro-Altair inicia as súas actividades de lecer educativo os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela.

A asociación Chao de Castro-Altair inicia as súas actividades de lecer educativo os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela.
 
A asociación Chao de Castro- Altair regresa coas súas propostas de lecer educativo para nenos e nenas entre os 7 e os 17 anos. A programación desenvólvese todos os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela con accións lúdicas que permiten espertar a creatividade e fomentar a convivencia e o respecto polas persoas e o territorio.  Este mesmo domingo, ás 19 horas, celebrarase unha reunión informativa coas familias na Casa da Cultura de cara ao Campamento de Outono que o colectivo organiza entre o 2 e o 4 de outubro en Ons (Brión).
“Chao de Castro- Altair aporta un espazo para gozar e aprender, espertar a creatividade, as habilidades e destrezas, en contacto coa natureza e o aire libre, baseado na pedagoxía do proxecto e da acción”, explica o seu coordinador, Bruno Faustino.
Como cada ano, o curso comeza con campamentos de inicio de estación. Entre os días 2 e 4 de outubro terá lugar o primeiro en Ons (Brión), unha actividade que incluirá xogos tradicionais, rotas de sendeirismo, lecer ao aire libre, cociña e convivencia coa natureza. A reunión informativa sobre esta actividade será o vindeiro domingo, día 27, na Casa da Xuventude de Burela, ás 19 horas. O prazo para anotarse é o 29 de setembro e o prezo, de 25 euros para os socios e de 45 euros para os non socios. 
Das actividades de Chao de Castro-Altair hai máis información nos teléfonos 659621105 ou 685325153, no correo electrónico chaodecastro.altair.burela@gmail.com e na web seteportas@altairweb.org