Ecoloxía

25/09/2020

O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acolle este domingo, 27 de setembro, ás 20:00 horas a representación de O mel non caduca, a cargo de Ibuprofeno Teatro.

A obra fala da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por culpa da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Está interpretada por Avelino González e Marian Bañobre baixo a dirección de Santiago Cortegoso, quen tamén é autor do texto.

A apertura de portas no auditorio será ás 19:40 horas. O aforo estará limitado e é obrigatorio o uso de máscara.