O Concello de Cervo organiza o 21º Torneo de Tute, no que poden participar todos os locais hostaleiros, clubs ou asociacións do municipio. Dará comezo o 20 de outubro.

O Concello de Cervo organiza o 21º Torneo de Tute, no que poden participar todos os locais hostaleiros, clubs ou asociacións do municipio. Dará comezo o 20 de outubro.
 
O Concello de Cervo organiza a 21ª edición do Torneo de Tute Concello de Cervo, ao que están chamados a participar todos os colectivos do municipio que formen un equipo. Está previsto que a competición bote a andar o próximo 20 de outubro. Foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por Félix Fernández Gómez, que colabora na organización deste torneo dende o seu inicio.
“Un ano máis, e xa van 21 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo, actividade que se desenvolve nos locais hostaleiros e asociacións do municipio de Cervo. Neste torneo poderán participar todas aquelas asociacións, clubs e bares ou calquera tipo de local do noso municipio. Cada entidade poderá formar un ou varios equipos, que estarán compostos cada un deles por catro parellas. Os partidos ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir, todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os partidos participantes”, explica o concelleiro de Deportes.
O edil precisou que “as inscricións poden realizarse ata o vindeiro martes, 13 de outubro, ben na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 686.97.03.86 preguntando por Félix. O torneo é organizado polo Concello de Cervo coa colaboración inestimable e totalmente desinteresada de Félix Fernández Gómez, que leva ao fronte deste campionato dende o seu inicio”.
O concelleiro avisa de que o día 13 de outubro se realizará na Casa da Cultura de San Ciprián “unha reunión con cada un dos representantes dos participantes coa fin de realizar o sorteo e establecer unhas sinxelas bases de funcionamento”. O encontro será ás 19 horas.