Eventos
Dende Mariña Patrimonio explican: “viñemos organizando visitas nos últimos anos polos diferentes concellos da Mariña. Estas visitas permitíronnos coñecer un valioso patrimonio ao que sería máis difícil acceder sen este tipo de actividades. Unhas actividades que foron acollidas con interese durante todo este tempo por un bo número de persoas”.
E subliñan: “da Mariña só nos queda por achegarnos ao concello de Barreiros, co que pecharemos o ciclo das visitas que tiñamos previsto realizar. Debido a que se trata da última excursión desta serie, queriamos que fose algo especial. Por iso, pareceunos unha boa idea organizar esta visita para o 10 de xuño, data na que os nosos amigos e compañeiros da Irmandade Augas Santas Sto. Estevo do Ermo de Barreiros organizan o X Festival Augas Santas, coa súa festa gastronómica do porquiño ao espeto”.
... leer másA primeira fin de semana de xuño celébrase na Ponte de Arante (Ribadeo) a Festa das Cruces, de Interese Turístico Galego.
O sábado, 3 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar a conferencia titulada A conflitiva construción do santuario da Ponte fai 500 anos, un litixio local resolto en Roma. Correrá a cargo de Alberto Paraje Méndez, arquitecto técnico e secretario da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, e rematará o acto coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
O domingo, 4 de xuño, ás 12:00 horas celebrarase a bendición dos campos, procesión, bandeo do pendón e reverencia das Cruces. Estará amenizado polo Grupo de Gaitas de Tovar e de seguido terá lugar a misa solemne. Ás 13:30 horas celebrarase a sesión vermú e ás 15:00 horas dará comezo a III Comida Romaxe das Cruces. As reservas pódense facer nos...
leer másDende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a Recuperación da Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, o próximo 13 de xuño. Este ano é unha edición especial xa que o Consello de Turismo acaba de declarala Festa de Interese Turístico de Galicia, sendo a primeira distinción deste tipo para o municipio de Xove.
Ata o próximo 12 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove, para obteren a Ventura e a flor do San Antonio cando conclúan o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono: 982592001 ou escribir un correo electrónico a: lucia@xove.es
Como cada ano, os/as romeiros/as irán identificados/as cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes da...
leer másA Espiñeira, na parroquia focega de Vilaronte, celebrará unha nova edición da súa feira de gando o 18 de xuño, domingo.
Empezará ás 10:00 horas, ás doce do mediodía haberá pasarrúas e a partir das 13:00 horas, sesión vermú con música, cantina e pulpería. Ademais haberá inchables para os máis cativos.
Celebraranse carreiras de andadura e haberá premios para os mellores exemplares de gando.
Arredor de 180 veciños e veciñas pertencentes a oito entidades da provincia participan esta semana no programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a terceira edición dunha iniciativa organizada pola Deputación de Lugo. Dende hoxe, martes, ata o venres, veciñanza de Quiroga, Lugo, Castroverde, A Pastoriza, Foz, Alfoz e Chantada percorrerá diferentes municipios da Mariña, a Ribeira Sacra e os concello da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, na comarca da Montaña.
A semana arrancou coa visita da Asociación Cultural Souto do Val, de Quiroga, e a Asociación de Veciños de Orzabai, de Lugo. Os quirogueses visitaron en primeiro lugar o Pazo de San Marcos para, posteriormente, visitar os concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol. Os lucenses comezaron a ruta na Granxa Gayoso Castro e tamén continuaron cara A Mariña para coñecer a fervenza do Pozo da...
leer másO salón de plenos do Concello acollerá o mércores, 24 de maio, ás 10:30 horas a presentación do programa Víveo Máis. Trátase dunha declaración de compromiso coa sostibilidade dos negocios turísticos de Ribadeo, que está aberta a todo o tecido local, e que pon en valor o territorio.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “despois do éxito e da boa acollida acadada co programa Ribadeo + Circular no que participaron distintos axentes da nosa hostalaría e restauración e do que saíron diferentes propostas de desenvolvemento a nivel local para os establecementos que se manifestan comprometidos coa economía circular e coa sostibilidade do turismo agora nace o programa Víveo Máis”.
O edil ribadense explicou que “se trata dun proxecto desenvolto polo Concello de Ribadeo en colaboración con...
leer másO Concello de Viveiro presentará a súa Semana Santa e o Camiño do Mar no mes de novembro en Londres.
O Concello de Viveiro ven de dar un importante paso a nivel internacional no seu labor de promoción da Semana Santa e o Camiño do Mar por todo o mundo.
Gracias ao esforzo e o constante traballo realizado dende a concellería de Turismo e pola súa concelleira, Marisol Rey, os contactos que se iniciaron hai tempo coa Confraternidad de Saint James para levar a cabo unha presentación que promocione ambos recursos no Reino Unido xa ten data.
Deste xeito, o sábado 18 de novembro de 2023 será unha xornada especial para dar un novo pulo turístico a Viveiro, pois será o día no que a Semana Santa de Viveiro e o Camiño do Mar acaparen o protagonismo desta prestixiosa organización que traballa na promoción do Camiño de Santiago dende hai máis de 40 anos.
“É un paso adiante importantísimo para Viveiro...
leer másO sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.
As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.
Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.
Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.
Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.
O vindeiro 30 de maio o Concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando.
A programación para esta xornada será a seguinte:
- Ás 12:00 horas misa na Capela de San Fernando en Valboa.
- Dende as 12:00 horas exposición de gando.
- Ás 14:00 horas comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais. A venta dos tickets será ata o 21 de maio nos locais de hostalería do Concello.
Toda a xornada estará amenizada polo Cuarteto Illa Pancha.
Desde o Concello sinalan: “agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos limítrofes”.
Preto de 140 integrantes de seis asociacións participan esta semana no programa Coñece a túa provincia, a terceira edición dunha iniciativa de viaxes gratuítas organizada pola Deputación de Lugo. Este martes, o xoves e o venres, veciñanza de Antas de Ulla, Meira, Guntín, A Fonsagrada, Begonte e Portomarín visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Mariña e a Ribeira Sacra.
A Asociación de Amas de Casa Dorra-Senande, de Antas de Ulla, e a Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, son as primeiras entidades en viaxar esta semana. O colectivo ulloán fixo a primeira parada no Pazo de San Marcos e despois puxo rumbo ao concello de Cervo, onde visitou a Fábrica de Sargadelos ou a vila de San Cibrao. Os de Meira visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño para, posteriormente, desprazarse a Taboada e Chantada, onde...
leer más