Eventos
Trátase dunha actividade guiada "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana" na que se unen os concellos de Barreiros e Lourenzá. É unha ruta de 9 kms dende Vilamartín Grande ata Lourenzá polo Camiño Norte.
E haberá unha posterior visita guiada na Casa do Concello con Manuel Román Ramos e José Manuel García.
A ruta foi presentada polas alcaldesas, Rocío López e Ana Ermida, e por representantes da Mesa don Paco. Colabora a Deputación Provincial de Lugo.
Haberá servizo de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá (ida) e San Cosme de Barreiros (ida e volta)
Imprescindible inscrición previa ata o 4 de maio nos teléfonos: Barreiros (982.124.106) e Lourenzá (982.121.006 - 634.898.133).
Usuarios e usuarias da Asociación de Saúde Mental da Mariña, de Cervo, e a Asociación de Mulleres A Casiña, de Lugo, participan esta semana no programa de viaxes da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Arredor de 50 persoas coñecerán entre hoxe, martes, e o mércores o territorio da provincia a través deste programa destinado a entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
Os primeiros en facer a visita este martes son a Asociación de Saúde Mental da Mariña, de Cervo. Visitarán o Centro de Interpretación Terras do Miño, de titularidade provincial, e, posteriormente, achegaranse aos concellos de Guitiriz e Friol, onde coñecerán a ponte e igrexa de San Alberte, a fonte de Pardiñas e visitarán unha panificadora en Guitiriz. Tamén percorrerán o Museo de San Paio de Narla, de titularidade provincial, e o...
leer másAs rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Branque Asociación Cultural organizan este venres, 28 de abril, a primeira edición da Andaina Solidaria con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz que se conmemorou este mes.
O obxectivo desta iniciativa é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos.
“Todos os involucrados nesta Andaina Solidaria consideramos que é unha iniciativa marabillosa por parte dos integrantes do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro. Estamos convencidos de que suporá un punto de partida no proceso de eliminación de prexuízos e estigmas en relación aos problemas de Saúde Mental, especialmente nas mais pequenas e pequenos”, afirma a Concelleira de Benestar Social,...
leer másA XXXVII edición do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, celebrarase o 1 de maio. A sesión vermú, o xantar e o baile serán nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
Os actos empezarán ás 11:30 horas cunha misa na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola coral Terra Mar, de San Ciprián. Ás 12:30 no auditorio da Casa da Cultura haberá unha actuación de Acordeonistas da Mariña.
A partir das 13:30 horas os actos trasladaranse á Praza dos Campos, onde haberá sesión vermú, xantar e baile. A música correrá a cargo da orquestra Trébol.
O 20 de maio celebrarase en Burela o XIII Encontro de Palilleiras, que organizan a asociación cultural e artesanal As Encaixeiras e o Concello. O evento foi presentado hoxe.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “se celebrará a décimo terceira edición do Encontro de Palilleiras o día 20 de maio e van participar, segundo dixo a presidenta, máis de 600 persoas, polo que vai ser moi numerosa, como en anos anteriores. E hai unha cuestión moi curiosa, que vai participar palillando unha señora que ten 105 anos. Isto é algo singular e rechamante e indica o importante que é este tipo de arte para moita xente”.
O rexedor contou que “vai haber exposicións, obradoiros e actos importantes e singulares na nave de redes. Queremos motivar a todo o mundo para que acuda ese día a visitar o que organizan As Encaixeiras e desde...
leer másTrátase do segundo mercadiño estacional que lle da continuidade ao Mercadiño no Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.
será na Praza do Concello. O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Desde a organización indican que “neste mercadiño poderás atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida. Durante estas semanas iremos contándovos quen nos vai acompañar nesta ocasión”.
E engaden que “para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento: ás 12:00 actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella, ás 13:00 actuación de The Lioness Treasure Band (versións), degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew e ás 18:00 horas...
leer másO salón de plenos do Concello de Burela acollerá o vindeiro 27 de abril a presentación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará do 10 ao 13 de maio.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, manifestou: “estamos xa a piques de rematar a organización dos últimos detalles da Feira Expomar, que chega á décimo novena edición este ano e vaise celebrar no porto de Burela, concretamente na nave que temos para facer este evento, do 10 ao 13 de maio”.
O rexedor comentou: “vamos facer unha presentación informativa para toda aquela xente que teña interese, para facer que esta feira resalte e teña un gran protagonismo porque queremos que sexa unha boa edición. Estamos xa conformando todo o que é necesario para que sexa unha edición exemplar e que sirva para que durante eses 4 días...
leer másA parroquia ribadense de Arante celebrará este sábado a primeira mostra de razas autóctonas. A Asociación de Veciños de Arante organiza, coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo, esta mostra que pon en valor o traballo de gandeiras e gandeiros e visibiliza as características diferenciais das razas autóctonas galegas e dos produtos derivados.
A mostra dará cabida a exemplares de rubia galega e outras razas bovinas autóctonas, ovella e cabra galegas, galiña de Mos, cabalo de Pura Raza Galega e Porco Celta, grazas á implicación das asociacións gandeiras Acruga, Puraga, Asoporcel e Boaga, que terán posto informativos na mostra.
A feira incluirá tamén venda de produtos agroalimentarios procedentes de razas autóctonas e de produtores da contorna, para poñer en valor as producíosn locais e fomentar o...
leer másA vindeira fin de semana rematan as experiencias de Turismo Slow da Mariña Lucense, que organizou a Mancomunidade e que se viñeron desenvolvendo ao longo desta primavera. Foron oito xornadas que tiveron lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense lembran que “o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos xeodestinos para dar resposta ao perfil do turista que escapa...
leer másVeciñanza de sete colectivos da provincia participan esta semana no programa de viaxes da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Son en total preto de 150 as persoas que, dende este martes e ata o venres, percorren o territorio provincial coas viaxes gratuítas que impulsa a institución para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade. A veciñanza esta semana procede dos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Samos, Begonte, As Nogais, O Incio, Viveiro e Chantada.
Este martes é o estudantado do Colexio Público de Pedrafita, a través da Asociación de Pais e Nais de Alumnos, o que visitará o Centro de Interpretación Terras do Miño para despois percorrer o Centro Histórico de Lugo con paradas en lugares emblemáticos como a Muralla. Esta mesma visita, pero coa primeira parada na Produtora de Audiovisuais da...
leer más