Eventos
Onte, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. É obra do pintor mariñán Hipólito Xeada, que estivo acompañado no acto pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e varios membros da Mesa Coordinadora Don Paco.
O mércores 17, Día das Letras Galegas, haberá varias actividades en Vilanova de Lourenzá: ás 11 da mañá na Praza do Conde Santo terá lugar o acto institucional da Xunta de Galicia; ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega; e ás 15:00 horas empezará no Campo do Mosteiro unha comida homenaxe a Francisco Fernández del Riego e ás Letras Galegas. Ademais durante todo o día haberá actuacións musicais...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 13 de maio, unha visita polo patrimonio de Riotorto. Está previsto achegarse en xornada de mañá á mina romana da Muxueira, ás igrexas de San Pedro e Santa Marta e á casa Moirón. Tralo xantar visitarase o obradoiro dun ferreiro e a parroquia de Órrea.
A data límite para apuntarse remata o martes 9 de maio. Cómpre apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.
Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Riotorto pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio....
leer másEntre 600 e 700 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Burela o vindeiro 20 de maio. Está organizado pola asociación As Encaixeiras e polo Concello.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “entre seiscentas e setecentas participantes se darán cita en Burela no décimo terceiro Encontro de Palilleiras, que vai ser tan numeroso ou máis que nas pasadas edicións. E hai unha cuestión moi curiosa, que vai participar palillando unha señora que ten 105 anos. Isto é algo singular e rechamante e indica o importante que é este tipo de arte para moita xente”.
O rexedor contou que “vai haber exposicións, obradoiros e actos importantes e singulares na nave de redes. Vai ser un día importante para Burela dado que teñen moitas actividades paralelas nas que lle dan importancia ao conxunto do noso...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá numerosas actividades ata o día 17 deste mes para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Este programa de actos está organizado polo Concello e a Mesa Coordinadora Don Paco.
Este venres, día 5, terá lugar a entrega ao colexio Juan Rey do primeiro premio do concurso de carteis convocado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O sábado 6 presentarase o libro Francisco Fernández del Riego, lembranzas e reflexións, escrito por Héitor Mera, José Luis Abalo e Xan Leira. Será no centro social de San Xurxo ás 19:00 horas.
Para o día 7, domingo, está programada a andaina Cosme Barreiros-Salvador Lorenzana. A saída será desde Vilamartín Grande ás 10:00 horas e a recepción no Concello de Lourenzá está prevista...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este próximo sábado, 6 de maio, á VII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 10:00 horas, cando dará comezo un obradoiro de construción de pandeiretas con Sanín.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.
Ás 12:00 horas abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna; será un pasabares a cargo de A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro), Arume (Burela) e as Cantareiras...
leer másUn total de 170 persoas de 8 asociacións participarán ao longo desta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo, grazas ao que visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Ribeira Sacra e A Mariña. A iniciativa,que vai pola súa terceira edición, está destinada a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
Este martes a xornada estivo protagonizada por dúas entidades da Pastoriza. Por unha banda, a Asociación Medioambiental e Sociocultural de Veciños deBretoña visitaron o Pazo de San Marcos e, posteriormente, puxeron rumbo a Bóveda e á Pobra do Brollón. Por outra banda, a Asociación Cultural e Veciñal de San Martín de Corbelle visitou en Lugo o Centro de Interpretación Terras do Miño e continuou a viaxe a Pantón e Carballedo, onde coñeceron o patrimonio románico da...
leer másO vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, Guido Guía e Ana Pena guiarán a cuarta edición dos paseos guiados #RedescubrindoAlfoz, que comezaron no ano 2020 promovidos polo guía lugués e que ano a ano se consolidan como evento cultural para coñecer o territorio alfocego.
Será tamén unha gran ocasión de presentación do novo proxecto como autónoma de Ana Pena, guía local que ven de estrear "Guía tu día". Natural de Foz e residente en Alfoz, é unha apaixoada desta profesión, e busca amosar e poñer en valor todas as marabillas desta comarca. “Estou moi contenta de comezar este novo proxecto como autónoma chamado #GuíaTuDía, e gratamente sorprendida da acollida que estou tendo. Xa teño varias visitas programadas de cara aos próximos meses”, comentou.
As inscricións para esta actividade poden efectuarse a través do...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da asociación de veciños San Sebastián de Carballido de Alfoz, Jesús Paz Pumares, presentaron no Pazo de San Marcos unha das grandes novidades da Feira do Trece deste ano: o espectáculo Duende Ecuestre. A institución provincial achega máis de 3.200€ para a contratación deste evento dentro do programa do feiral, que se celebrará o 17 de xuño.
O mandatario provincial puxo en valor que esta será a primeira vez que este espectáculo, que combina doma e baile ecuestre, estea en Alfoz, o que de seguro será “un gran reclamo que completará o programa que a asociación tenpreparado para todo o día”. Así mesmo, Tomé Roca subliñou o pulo que esta cita colleu dende que esta asociaciónveciñal a recuperou no 2018, tentando emular as feiras que acollía o Lugar do Trece hai máis de 30 anos,...
leer másO 6 de maio celébrase en Burela unha cea de cóctel para recadar fondos para a alfombra floral das festas patronais.
O evento terá lugar no hotel Nordés a partir das dez da noite. A velada estará amenizada por Dj Chente.
O prezo é de 30 euros, 25 destinados á cea e 5 euros coma donativo para a ofrenda floral.
Os tíckets están á venda no hotel Nordés ata o 3 de maio.
Desde O Atrio explican: “chegou a hora de presentarvos todas as actividades que se levarán a cabo no II Mercado de Produtos Locais Aos Pés de Cornería, que se celebrará en Vilaronte”.
O domingo, 7 de maio, ás dez da mañá terá lugar a apertura do mercado. Ás 11 haberá unha charla sobre técnicas de conservación de alimentos e envasado de produtos da horta, que será impartida por Jesús Villarino e Bruno Penada Asociación de Cociñeiros de Lugo.
Ás 11:30 horas pasarrúas a cargo de Os Petapouco, percusión da Comparsa Ruxe Ruxe. Tamén a esa hora dará comezo un obradoiro para nen@s. Ás 12:30 horas está prevista a actuación do Cuarteto Tradicional Xaramolo (Programa Tradigalu 2023- Vicepresidencia. Deputación de Lugo). Ás 13:30 horas vermú toxo con Toxo Guayaba
Pola tarde a partir das 16:00...
leer más