Deportes

Etiquetas:
14/01/2022

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras de Trabada o 23 de xaneiro. A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 21 de xaneiro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. A actividade é gratuíta para os socios federados e ten un prezo de 4€ para os socios non federados e 5 euros para o socio temporal.

A ruta, que discorrerá pola fraga do monte Roxal, en Teixido-Trabada, ten unha lonxitude duns oito quilómetros e un nivel de dificultade medio.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo con botas e bastóns, pasaporte covid e mascarilla.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade...

leer más
13/01/2022

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades de goberno a posta en valor do seu atractivo natural e paisaxístico para o seu disfrute por parte de veciños e visitantes.

Dentro dese obxectivo xeral, ten un plan de mantemento e conservación continua das rutas de sendeirismo, unha das mellores formas de coñecer o concello e practicar hábitos de vida saudables.

Nas últimas semanas, o Concello procedeu á renovación dos carteis informativos da ruta que une Viveiro co Penedo do Galo, unha das máis transitadas polo seu alto valor paisaxístico.

“Temos unha contorna natural privilexiada que debemos coidar entre todos, no caso do concello con actuacións para que as rutas estean nas mellores condicións”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Etiquetas:
12/01/2022

A Piscina Municipal de Lieiro acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
 
O curso celebrarase o domingo, 16 de xaneiro, en horario de mañá e tarde de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

 

Etiquetas:
11/01/2022

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Vía Verde do Ferrocarril do Eo, entre San Tirso e A Pontenova, o vindeiro sábado, 15 de xaneiro.

O percorrido ten unha lonxitude de catorce quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do xoves, 13 de xaneiro, en Gráficas Arfe ou nos teléfonos 982 580 504 e 657 821 194. O prezo é 25€ para os socios e 30 euros para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. É imprescindible levar o certificado covid para poder entrar no restaurante e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes. 

 

10/01/2022

O Pescados Rubén Burela FS volve coarse, e con forza, nos FutsalPlanet Awards. A Familia Laranxa conta con 5 nomeamentos para 2021 na 22ª edición dos premios do portal especializado en fútbol sala. 

A entidade burelista, recoñecida xa como Mellor Club Feminino en 2020, volverá optar ao recoñecemento. Tamén estará un ano máis a capitá laranxa, Peque, na categoría de Mellor Xogadora, nuns galardóns que tamén quixeron destacar o gran traballo de Jozi Oliveira, na lista de Mellor Porteira. 

A estas tres candidaturas súmase a gran tempada de Emilly Marcondes en Torreblanca Melilla coa súa continuidade na Mariña, para compartir a lista das mellores con Peque, e o exitoso traballo á fronte das Guerreiras Laranxas de Julio Delgado, actual adestrador do Rodiles Sport asturiano. 

Etiquetas:
07/01/2022

A Xove Costa Trail celebrarase os días 19 e 20 de marzo de 2022 con cambios respecto ás edicións anteriores nas distancias e percorridos das carreiras.

Os organizadores explican que “a longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu recorrido 10 quilómetros e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 quilómetros o seu recorrido e seguirá sendo lineal, con chegada en Xove. A andaina será de 12 quilómetros, sendo circular en sentido contrario ás carreiras. As dos nenos serán un Circuíto Trail no entorno de Roncadoiro”.

As carreiras XCT35K, XCT18K e a andaina celebraranse o domingo pola mañá e as carreiras dos nenos o sábado pola mañá.

Etiquetas:
05/01/2022

O Concello de Barreiros organiza para o domingo 9 de xaneiro a Carreira Popular Solidaria de Reis con categorías para menores e adultos así como unha andaina de 10 kms. que tamén terá carácter solidario. O prazo de inscrición para as dúas modalidades finaliza o día 6 de xaneiro ás 23:59 h.

A organización doará o 30% de cada inscrición da carreira así como a totalidade do recadado coas inscricións da andaina ao proxecto socioeducativo "Sinfónico no rural" da Fundación Xesús Bal y Gay que se está a levar a cabo estes meses en Barreiros. Un proxecto para achegar a música clásica e os instrumentos a calquera familia con independencia da capacidade adquisitiva ou da posibilidade desprazamento. 

Ás 10:30, no campo de fútbol O Cascabeiro, darase a saída da andaina. O percorrido circular de 10 km dá a posibilidade de...

leer más
Etiquetas:
31/12/2021

A Asociación Deportiva Augasantas, recentemente creada, en colaboración co Concello de Barreiros fomenta a práctica do atletismo.

A A.D. Augasantas anuncia: “en colaboración co Concello de Barreiros, traemos unha actividade moi interesante para os nosos socios, neste caso para a sección de atletismo. Para fomentar a práctica deste deporte entre a xente adulta contaremos coa asistencia dun técnico deportivo un día á semana para asesoramento para principiantes, preparación de carreiras populares, mellora da condición física e técnica de carreira e adestramento grupal”.

Os interesados pode obter máis información contactando con calquera integrante da directiva da asociación, a través das redes sociais ou do correo electrónico a.d.augassantasbarreiros@gmail.com...

30/12/2021

Mañá, venres, celébrase en Ribadeo a XXXI edición da San Silvestre. Son 525 os inscritos que se darán cita nesta carreira, que ven marcada polo protocolo covid. Os participantes correrán con máscara e desde o Concello pídese prudencia e recoméndase manter a distancia de seguridade á xente que acuda a ver a proba co obxectivo de evitar aglomeracións.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo que “mañá realízase unha nova edición da San Silvestre, que será a 31. Nesta cita participarán uns 525 inscritos dentro das catro modalidades que todos os anos vimos facendo. O percorrido vai ser o habitual na carreira dos cinco quilómetros. Vai polas distintas rúas do casco urbano, chegando ao Cargadeiro e dando a volta para rematar diante do Concello”.

O edil sinalou que “é un ano que está moi marcado polo covid. Hai un...

leer más
23/12/2021

A asociación xuvenil Xoldra, coa colaboración do Concello de Mondoñedo, organiza a segunda edición da carreira Findano, que se celebrará o día 31 de decembro, venres, con saída da Praza do Concello ás 16:30 horas e nunha distancia de 4 quilómetros polas rúas do casco urbano mindoniense.

O prazo para inscribirse está aberto ata o 27 de decembro única e exclusivamente en galitiming.com. O prezo é de 7 euros e os beneficios irán destinados á Asociación Contra o Cancro.

A retirada de dorsais realizarase na Praza do Concello o mesmo día da carreira a partir das 15:30 horas, cunha zona acoutada para entrar e outra para saír. Tódolos participantes terán asignado un dorsal, que irá situado no peito e terá que ser visible durante a proba.