A piscina municipal de Lieiro, en Cervo, acollerá o 16 de xaneiro un novo curso de esquimotaxe.

A Piscina Municipal de Lieiro acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
 
O curso celebrarase o domingo, 16 de xaneiro, en horario de mañá e tarde de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.