A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras de Trabada o 23 de xaneiro. A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 21 de xaneiro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. A actividade é gratuíta para os socios federados e ten un prezo de 4€ para os socios non federados e 5 euros para o socio temporal.
A ruta, que discorrerá pola fraga do monte Roxal, en Teixido-Trabada, ten unha lonxitude duns oito quilómetros e un nivel de dificultade medio.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo con botas e bastóns, pasaporte covid e mascarilla.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.