A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Vía Verde do Ferrocarril do Eo, entre San Tirso e A Pontenova, o vindeiro sábado, 15 de xaneiro.
O percorrido ten unha lonxitude de catorce quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas poden inscribirse antes do xoves, 13 de xaneiro, en Gráficas Arfe ou nos teléfonos 982 580 504 e 657 821 194. O prezo é 25€ para os socios e 30 euros para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. É imprescindible levar o certificado covid para poder entrar no restaurante e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.