Deportes
O Concello de Viveiro dálle continuidade ao programa de envellecemento activo, con clases gratuítas de ximnasia de mantemento dende o próximo martes 10 de maio ata o martes 28 de xuño.
As clases terán lugar os martes, de 11:00 a 12:00 horas, no pavillón municipal e impartidas por monitores profesionais.
A primeira fase desta actividade tivo un grande acollida, polo que o programa comezará cos participantes da edición anterior, ao tempo que se abre un novo período de inscricións no que poidan sumarse á actividade máis veciños e veciñas.
As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21, sendo requisitos necesarios para participar estar empadroado/a no Concello de Viveiro e ter máis de 65...
leer másA VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase o 17 de setembro. No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, o delegado do Progreso na Mariña, Xavier Lombardero, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “aquilo que hai oito anos iniciamos como un experimento foise consolidando ata ser hoxe en día unha cita ineludible das medias maratóns, que discorre por un lugar do máis fermoso tanto de Galicia como de todo o Cantábrico e de todo o Estado. Centos de persoas son os que cada ano se anotan nesta media maratón entre Ribadeo e As Catedrais. Confiamos que centos de persoas o volvan facer para esta nova edición, na que contamos con...
leer másO 7 de maio Terras de Lourenzá acudirá á XIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo de Galicia e Asturias, que se celebrará na Pontenova.
Os asistentes poderán elixir entre dúas rutas, a que discorrerá polas Reigadas de 8,1 quilómetros; ou a da Seimeira, de 8,6 quilómetros.
Ao rematar haberá comida a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebida.
As persoas interesadas en acudir poden inscribirse antes dos oito da tarde do vindeiro 3 de maio nos teléfonos: 647 06 70 54 (Javi) ou 658 09 71 33 (Miguel).
O prezo para os socios será de 10 euros e para os non socios de 15 euros. Desde Terras de Lourenzá lembran que se respectarán as medidas covid. A máscara será obrigatoria no bus.
A saída será ás 8 da mañá desde o...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta da liga de sendeirismo de Galicia que se celebrará, o 8 de maio, pola Devesa da Rogueira no Caurel.
A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.
As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 3 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 43 euros para os socios federados, 47€ para os socios non federados e 51 euros para o socio temporal. Está incluído o bus e o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio-alto.
O Concello de Foz colabora coa organización desta actividade.
Los días 2 y 3 de julio se celebrará la segunda edición del Vegadeo Sport Festival, que recorrerá Vegadeo y Trabada.
La prueba incluye el I Desafío Primos Hermanos y dos modalidades más. Ocra A Veiga, el 2 de julio, que es una carrera de obstáculos en un circuito de 8 kilómetros a través de montaña, ríos y parques. Y el Trail Vegadeo-Trabada, una carrera de montaña de 22 kilómetros que se desarrollará entre las dos localidades por tramos del Camino de Santiago y otras zonas próximas a este trazado.
Desde la organización explican que “con salida desde la Plaza del Ayuntamiento de Vegadeo y llegada al Ayuntamiento de Trabada , cruzaremos el Río Eo y la frontera Astur - Galaica para unir las dos Comunidades. Los runners tendrán la oportunidad de defender sus colores y ondear la bandera de su tierra en la línea de...
leer másO Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira por montaña Camovi ‘Gran Premio Xacobeo’.
Nesta edición, ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional.
Na presentación da proba, celebrada esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.
“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou....
leer másA asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta á zona de Pantón o día 23 de abril. A saída será ás 7:00 horas do Cantón de Vilanova.
O percorrido discorrerá por Cibrisqueiros a San Cosmede, cunha distancia de oito quilómetros, e pola Fervenza Augacaída-Castro de Marce, dunha lonxitude de catro quilómetros. Ao rematar as rutas haberá unha comida nun restaurante da zona.
As inscricións pódense facer ata das 20:00 horas do 20 de abril nos teléfonos 647 06 70 54 e 619 82 87 84. Os prezos son de 35 euros para os socios e 40€ para os non socios.
Deberán respectarse as medias covid e no bus será obrigatoria a máscara.
O Concello de Lourenzá colabora na organización deste evento.
Na mañá deste domingo tivo lugar na praia de Altar a presentación da VIII Carreira Popular das Praias que é organizada pola asociacióncultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.
A proba terá lugar o domingo 17 de abril a partir das 11:00 h.para as categorías infantís e ás 11:30 h. darase a saída para a categoría absoluta. Este ano, como novidade, tamén se presentou aandaina de 9k que percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirenseaproveitando a baixamar.
A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores edicións, na zona da praia de Altar, lugar no que os participantes, tanto da carreira absoluta coma da andaina, collerán os buses que os trasladarán a zona de saída (praia de Arealonga).
Desde o...
leer másA SD Burela Burela anuncia que, despois de 2 anos sen celebrarse, do 24 ao 26 de xuño desenvolverase o torno de fútbol Marosa Cup, que chega á súa sexta edición.
Os organizadores explican: “moi contentos de retomar esta actividade, onde xa temos confirmada a participación de moitos clubs de Galicia e doutras comunidades. Que mellor maneira de pasar unha fin de semana que no entorno de A Marosa”.
Os días de celebración por categoría son os seguintes: o 24 de xuño, infantil e cadete; o 25 de xuño, benxamín e alevín; e o 26 de xuño, biberón e prebenxamín.