Deportes
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta pola Fervenza do Belelle, en Neda, o 9 de abril.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 7 de abril en Gráficas Arfe ou nos números de teléfono 982 580 504 e 657 821 194. O prezo para os socios é de 25 euros e 30€ para os non socios. Inclúe o autobús, a comida e o seguro.
A ruta ten unha lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.
A asociación Os Sendeiros de Foz participarán nunha ruta con motivo do V Día do Sendeirista de Galicia, organizado por Montañeiros Celtas, que discorrerá pola Serra do Galiñeiro o 3 de abril.
A saída de Foz será ás 6:00 horas e de Ferreira ás 6:15 h.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o martes 29 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 38 euros para os socios federados, 42€ para os socios non federados e 46 euros para o socio temporal. Inclúese o bus e o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla. A ruta de 14 quilómetros de recorrido ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na...
leer másPreto de 800 ximnastas se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. O sábado celébrase o 4º Torneo Interescuelas Fase Norte de Ximnasia Rítmica e o domingo terá lugar o XXV Aniversario do Torneo Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Os eventos deportivos foron presentados este mediodía no salón de plenos do Concello polo alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, Nelly Bouso da Escola Porta Norte, que é o club organizador, e Iván López, técnico de Deportes.
Nelly Bouso contou que “o sábado celebramos o 25 aniversario do Torneo do Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Este ano é unha edición especial porque xa que son 25 anos non quixemos deixar de organizalo a pesar das circunstancias porque queríamos celebrar coas nosas compañeiras que levan estes 25 anos vindo. Seguir celebrando isto, que para nosoutros é...
leer másA Escola de Buceo Costa Lugo organiza para este sábado, 26 de marzo, un bautismo de mergullo na piscina Municipal de Lieiro.
Será en horario de mañá, de 9 a 13 horas. Os interesados en apuntarse poden chamar ao teléfono 609 423 210 ou a través do correo electrónico info@buceocostalugo.es
A idade mínima para participar é de 16 anos.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha ruta de sendeirismo pola Costa da Morte. Será o 26 de marzo. A saída está prevista para as sete da mañá desde o Cantón de Vilanova.
A ruta, de dificultade baixa, será de 13,5 quilómetros. Ao remate haberá un menú mariñeiro nun restaurante de Camariñas.
As persoas interesadas en acudir poden anotarse ata as oito da tarde do 23 de marzo nos seguintes teléfonos: 647 06 70 54 (Javi) e 619 82 87 84 (Pura)
O prezo para os socios será de 40 euros e para os non socios de 45.
Colabora na organización Lourenzá Turismo.
Hoxe presentouse esta importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.
A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.
XOVE COSTA TRAIL, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo...
leer másRibadeo acollerá o vindeiro domingo, 6 de marzo, un torneo de hockey liña no que se darán cita varios equipos asturianos nas categorías de benxamín, infantil e senior. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello. Está organizado polo Club de Hockey Illa Pancha de Ribadeo, que compite cos benxamíns, e conta coa colaboración do Concello ribadense.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados debido a que fai uns meses se fixo unha inversión moi importante nesa pista, que tiñan toda a súa razón e nos viñan demandando para facilitar a práctica deste deporte minoritario. Estamos moi contentos de que se faga esta xornada e as próximas que van vir dentro dunhas semanas. Este é un inicio da tempada de hockey liña patíns en Ribadeo”.
O alcalde,...
leer másAs Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais únense para ofrecer escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados en Burela.
Segundo explican Carmela López e Ramiro Fernández “estas actividades están dirixidas a persoas activas e será o técnico de deportes do Concello de Burela, Iván Cao Lucas, o que imparta as clases, que serán lúdicas baseadas en xogos, estiramentos, forza xeneral con pesas, circuítos técnicos, actividades de coordinación...”.
A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello do 7 ao 9 de marzo. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. As persoas interesadas en participar poden descargar a ficha de inscrición na web www.burela.org ou ben recollela...
leer másO Club Pádel Burela, que ten a súa sede nas instalacións do centro deportivo e de ocio Activity Center, gañou o play off de Galicia Norte das Series Nacionales de Pádel en categoría 500, competición que se disputou en Ames e A Coruña esta pasada fin de semana.
O capitán do equipo burelés que participa nas SNP, Cándido Fraga Eijo, explica que “o Club Pádel Burela disputa as Series Nacionales de Pádel (SNP) en categoría 500. Empezamos a competición en setembro en 2ª División e, como quedamos primeiros, en decembro retamos a un equipo de 1ª categoría de 500 e ascendemos. A liga rematou a finais de xaneiro e despois disputamos o play off da fase final de Galicia Norte, para equipos campións das provincias de Lugo e A Coruña, que xogamos este pasado fin de semana e gañamos”.
Cándido Fraga destaca: “somos o primeiro...
leer másA XII edición da Ruta de Enduro Medela MTB celébrase o vindeiro domingo 6 de marzo. A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e membros do Club Medela, Abel Ordas e David Riera.
A proba, de dificultade media-alta, será de 33 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.
Villares e Rodríguez quixeron agradecerlles unha vez máis aos integrantes da asociación o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso...
leer más