Deportes
Será un percorrido de 12.5 quilómetros polos montes de Viveiro, cun desnivel positivo 600 metros, e estará sinalizado con cinta de cor verde, sinais e pintadas no asfalto.
A saída da andaina e o trail será dende a praza Maior, ás 10.00 e ás 11.00 horas, respectivamente. E a chegada tamén terá por escenario a praza Maior arredor das 14.00 horas. Haberá zonas de avituallamento en Cunqueiro, Km 6, líquido e sólido, e na meta.
A recollida de dorsais poderá realizarse no salón multiusos do Concello o sábado 3 de 18.30 a 20.30 horas e o domingo 4 de 9.00 a 10.45 horas.
Para participar será necesaria inscrición previa e as persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas en todo momento dunha persoa responsable maior de idade, que firmará un documento de autorización aceptando a súa...
leer másEn Barreiros foi presentada a 3ª edición do circuíto +kmsBarreiros pola alcaldesa, Ana Ermida, o concelleiro, Dani García, xunto con integrantes das asociacións colaboradoras, Praias de Comado, Augas Santas e Ollomao.
Dentro do marco do circuíto séguense a englobar 6 probas que son: a Carreira Solidaria de Reis este domingo, 7 de xaneiro, a Carreira das Praias en marzo, a ½ km vertical Monte Comado en xullo, a Benquerencia Terra-Mar en agosto, os Trails Monte Comado en outubro e pecha, a carreira popular Ao Son do Masma en novembro.
O circuíto deste ano trae novidades que buscan fomentar a actividade física e o deporte:
Categoría por equipos
Categoría por colexios/institutos
Maior contía nos premios. 1000€ en metálico + trofeos +...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de xaneiro, domingo, unha ruta de Vegadeo a Abres, en Asturias. É a primeira que organizan neste ano 2024. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 10 de xaneiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza a cuarta edición da Carreira Solidaria Findano, que se celebrará este domingo, 31 de decembro, ás 16:30 horas con saída desde a Praza do Concello mindoniense, onde se recollerán os dorsais a partir das 15:30 horas.
As inscricións para participar, que custan 7 euros, deben facerse a través da web galitiming.com e o prazo remata o 29 de decembro.
A organización explica que “como de costume, haberá premios e a totalidade dos beneficios serán doados á Fundación Eu Son”.
Para máis informacións as persoas interesadas poden contactar co teléfono 680.78.34.35.
A carreira San Silvestre deste sábado, 30 de decembro, está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e o Club Ciclista Viveiro.
“Dende o Concello de Viveiro apoiamos a celebración desta proba, unha forma deportiva de pechar o ano que fomenta a participación de todas as idades”, sinala o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez, que anima "á veciñanza a participar e a vestir prendas de Nadal na proba".
As inscricións serán gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a categoría absoluta, a cota de inscrición será de 5 euros a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650 930 940.
As inscricións tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das persoas participantes ao e-mail a...
leer másO sábado 30 de decembro celebrarase a XXIV Carreira Popular Concello de Viveiro. Está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e do Club Ciclista Viveiro.
A saída será na Praza Maior de Viveiro a partir das 16:00 horas para as categorías de menores, subdividida en A, de 0 a 7 anos; B, de 8 a 10; e C, de 11 a 13, cuxos participantes recibirán todos unha medalla. A saída da proba absoluta será ás 17:00 horas, con premios para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres. Tras a proba, haberá sorteo de agasallos.
As inscricións son gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a absoluta a cota é de 5 euros, a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650.930.940. Tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das...
leer másO Concello de Burela realizou a presentación oficial da Fase Previa dos Campionatos de España de Seleccións autonómicas de Fútbol Sala sub19 e sub16 masculinas.
O acto tivo lugar na pista de xogo oficial da Real Federación Española de Fútbol, instalada no Pavillón de Vista Alegre. Participaron nel por parte do Goberno local Carmela López, alcaldesa de Burela, e Carlos Méndez “Madar”, concelleiro de Deportes. Por parte da Real Federación Galega de Fútbol estivo o seu vicepresidente Pablo Prieto.
Todas as partes destacaron a importancia de que Burela sexa o epicentro do fútbol sala nacional e internacional durante dúas semanas, albergando 3 grandes eventos como son o FutsalWEC 2023, a formación II Xornadas de Actualización e Reciclaxe e mais esta fase previa.
Burela será, xunto con Viveiro, unha das sedes...
leer másComeza o Circuíto +Kms Barreiros 2024 coa xa tradicional Carreira Solidaria de Reis, que se celebrará o día 7 de xaneiro, domingo, e este ano chega con novidades.
Aínda que a maior parte do percorrido se mantén, nesta edición farase no sentido contrario ás anteriores e a zona de saída e meta será nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme. Sen dúbida un novo reto para todas e todos, cunha carreira absoluta de 8 quilómetros que combina unha parte rápida de asfalto e un tramo do Camiño do Cantábrico cunhas vistas espectaculares.
Nesta edición a doazón solidaria, a prol da Asociación Saúde Mental A Mariña, será voluntaria e poderá seleccionarse no momento da inscrición.
Tamén chega con novidades a Andaina Solidaria de Reis, con novo percorrido e distancia: será de 9 quilómetros...
leer másDesde a organización comentan que “dende hoxe faltan 3 meses para o XCT-2024. Esta 5ª Edición do XoveCostaTrail, vai ser aínda máis espectacular, pero xa vos iremos informando de forma regular, de todo o que vos vai deparar esta cita, na cal seguiremos voando sobre o mar de Xove....”.
A Xove Costa Trail está organizada pola ACD Xove, que conta co patrocinio do Concello xovense, Syca, Rey e Xunta de Galicia.
As inscricións poderán realizarse en www.championchipnorte.com
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “ata o 26 de decembro está aberto o prazo de inscrición na trixésimo terceira edición da San Silvestre de Ribadeo. Ata o día de hoxe contamos con 408 corredores inscritos nas diferentes categorías establecidas”.
O edil ribadense anima a participar nesta tradicional cita: “queremos animar desde a Concellería de Deportes a todas aquelas persoas que queiran despedir o ano correndo a nosa San Silvestre a que se anoten, porque aínda teñen uns días para poder facelo a través de championchipnorte.com”.
Silvent engadiu: “queremos lembrar que haberá premios en metálico e tamén trofeos para as gañadores e gañadores. E tamén agradecer, unha vez máis, a colaboración de Eroski e Gadis, que están apoiando ás corredoras e corredores xunto ao Concello de Ribadeo...
leer más