Deportes
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 24 de marzo, domingo, a ruta Seimeira de Vilagocende, no concello da Fonsagrada. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 55 euros para socios federados, 60 euros para socios non federados e 65 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 19 de marzo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de 8,5 quilómetros con dificultade media-alta, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola ruta Mina Carmina, no municipio asturiano de San Martín de Oscos, para o 16 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
El Club Piragüismo Cidade de Lugo anuncia que este fin de semana, días 2 y 3 de marzo, A Pontenova se convertirá en la sede de la 1ª Copa de España de Descenso de Aguas Bravas, marcando el inicio de la Liga Nacional de Descenso.
Esta prueba, que organiza el Club Piragüismo Cidade de Lugo, fue presentada en A Pontenova con un acto que contó con la presencia del alcalde, Darío Campos; del presidente de la Federación Gallega de Piragüismo y representante en la comunidad de la Real Federación Española de Piragüismo, Alfredo Bea; y de la directora técnica del Club, Valeria Romero.
El Club Piragüismo Cidade de Lugo destaca que “organizar una prueba de tal calibre siempre es motivo de ilusión, pero más este año, con récord de participación: competirán casi 260 embarcaciones procedentes de 21 clubes. Además el caudal con...
leer másO pavillón Antonio Tarrío, de Viveiro, acollerá este sábado, día 2 de marzo, o XLV Campionato Galego Sénior de Bádminton, organizado polo Club Bádminton O Cembedo, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e co Concello de Viveiro.
“Agradecemos o traballo do Club O Cembedo para organizar esta cita con arredor de cen xogadores sénior en Viveiro, polo que animamos á veciñanza a desfrutar da competición”, asegura o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.
Este domingo, 3 de marzo, ás 11:00 horas na praia de Esteiro terá lugar a presentación da próxima edición da Xove Costa Trail, que é a quinta deste evento que organiza a Asociación Cultural Deportiva Xove e que se celebrará os días 16 e 17 de marzo, sábado e domingo.
A organización anuncia que na presentación deste domingo haberá actividades para nenos e máis sorpresas.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará do 21 ao 23 de xuño unha ruta por Pena Trevinca e Puebla de Sanabria. A saída desde Foz será o venres día 21 ás 16:00 horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, en réxime de pensión completa, son: 260 euros para socios federados, 265 euros para socios non federados e 270 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 27 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade medio-alta, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os responsables de Os Sendeiros explican que “la ruta del mes de junio será para...
leer másEsgotadas as prazas para participar na I Xornada de Tecnificación, que organizan FutbolínLugo e o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia.
O evento terá lugar o 26 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. A xornada, destinada a nenas e nenos de 6 a 15 anos, será impartida por adestradores titulados. Haberá un agasallo para todos os asistentes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “estamos moi contentos pola resposta, xa que as prazas cubríronse en tempo récord. É un grande éxito e agardamos repetir máis edicións en Ribadeo”.
Na presentación desta I Xornada de Tecnificación participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o xefe de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e Diego Díaz...
leer másA Asociación Cultural Deportiva As Minas organiza a terceira edición do Trail As Minas na Pontenova para o 24 de marzo, domingo, desde as 10:30 horas.
O trail terá unha distancia de 18 quilómetros e tamén haberá unha andaina de 5 quilómetros. A saída será desde a Praza dos Fornos.
As persoas interesadas en máis información poden consultala na páxina web www.ccnorte.com.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por Río de Porcos, en Negueira de Muñiz, para o 24 de febreiro, sábado. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido tradicional nun restaurante da zona. As prazas están limitadas polo aforo do local.
A saída será ás 07:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 20 febreiro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 (Pura) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
O colectivo organizador explica: “a ruta de febreiro levaranos por primeira vez ata Negueira de Muñiz. Trátase dunha ruta por asfalto, polo que non son precisas botas de...
leer másRibadeo acollerá a semifinal da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino, que disputarán o Pescados Rubén FS e o Poio Pescamar FS. Será o vindeiro mércores, 14 de febreiro, ás 20.30 horas no pavillón municipal.
O Pescados Rubén Burela foi elixido en xaneiro de 2021 e 2022 como o mellor club do mundo nos Futsal Planet Awards.
As burelesas veñen de proclamarse campioas da supercopa de España en Torremolinos contra o Poio Pescamar FS.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a presenciar este encontro "de fútbol sala feminino de primeiro nivel, que se vai disputar por primeira vez en Ribadeo. Estamos encantados de acoller este partido e agardamos poder repetir esta experiencia noutras ocasións".