Será un percorrido de 12.5 quilómetros polos montes de Viveiro, cun desnivel positivo 600 metros, e estará sinalizado con cinta de cor verde, sinais e pintadas no asfalto.
A saída da andaina e o trail será dende a praza Maior, ás 10.00 e ás 11.00 horas, respectivamente. E a chegada tamén terá por escenario a praza Maior arredor das 14.00 horas. Haberá zonas de avituallamento en Cunqueiro, Km 6, líquido e sólido, e na meta.
A recollida de dorsais poderá realizarse no salón multiusos do Concello o sábado 3 de 18.30 a 20.30 horas e o domingo 4 de 9.00 a 10.45 horas.
Para participar será necesaria inscrición previa e as persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas en todo momento dunha persoa responsable maior de idade, que firmará un documento de autorización aceptando a súa responsabilidade. As inscricións poderanse facer ata o día 29 de xaneiro ás 00.00 horas na web www.carrerasconencanto.com
Unha vez rematadas a andaina e a carreira na praza Maior haberá degustación duns pinchos no salón multiusos do Concello.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a alboiadc@gmail.com ou ao seguinte número de teléfono 603 348 937.