Un total de 408 persoas se anotaron xa para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo. A inscrición segue aberta ata o 26

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “ata o 26 de decembro está aberto o prazo de inscrición na trixésimo terceira edición da San Silvestre de Ribadeo. Ata o día de hoxe contamos con 408 corredores inscritos nas diferentes categorías establecidas”.

O edil ribadense anima a participar nesta tradicional cita: “queremos animar desde a Concellería de Deportes a todas aquelas persoas que queiran despedir o ano correndo a nosa San Silvestre a que se anoten, porque aínda teñen uns días para poder facelo a través de championchipnorte.com”.

Silvent engadiu: “queremos lembrar que haberá premios en metálico e tamén trofeos para as gañadores e gañadores. E tamén agradecer, unha vez máis, a colaboración de Eroski e Gadis, que están apoiando ás corredoras e corredores xunto ao Concello de Ribadeo”.