Deportes
O vindeiro 23 de decembro pola mañá o Club de Atlestismo Ría de Foz organiza xunto con Run Foz Run, a última proba do circuito DUACODE-RunFozRun, a oitava edición da Run Foz Run Nadal.
Ademais, ese mesmo día tamén se entregarán os premios dos gañadores e gañadoras do circuíto, así coma o agasallo aos que conseguiron rematar 6 das 8 carreiras.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na carreira a través da paxina web...
leer másLa Futsal Women’s European Champions 2023 Friendly Edition abrió el pasado jueves, 7 de diciembre, la venta anticipada de entradas online, con el lanzamiento exclusivo de abonos para toda la competición, que reunirá a los mejores equipos europeos entre el 19 y el 22 de diciembre en Burela.
A través de este ENLACE, todas las personas que así lo deseen podrán adquirir su abono al precio de 30 € para ver a los cuatro campeones ligueros: Pescados Rubén Burela FS, el italiano Bitonto, el luso Benfica y el neerlandés Marlène.
La elección del asiento en Vista Alegre será totalmente libre, con la apertura inicial de la grada lateral; las reservas de asiento de la liga 2023-24 no tendrán vigencia para este campeonato.
Las/Los socios/as que prefieran adquirir su abono de forma presencial podrán solicitarlo en la...
leer másO domingo 17 de decembro desde as 11:00 horas disputarase o Aberto de Billarda Vila de Ribadeo no campo de Outeiro, que está na parroquia ribadense de A Devesa.
Esta competición é a quinta xornada da LNB Norleste e a Concellería de Deportes ribadense anima “a todos os afeccionados a este deporte tradicional a asistir e coñecer ós mellores xogadores da zona”.
O 16 de decembro, aproveitando o partido de liga, farase entrega do 4º Trofeo Feminino pola Igualdade, que o levará o equipo gañador do propio partido.
Fixeron a presentación de dito trofeo Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, Carmen Veiga, concelleira de Servizos Sociais, Manuel Otero, xefe do Servizo Deportes Xunta de Galicia, Jairo Campo, adestrador do Burela FS "B" e xogadoras e directiva do Praias de Barreiros.
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, participaron esta mañá na presentación do Futsal Women’s European Champions, que se xogará o 18 ao 22 de decembro en Burela.
A competición reunirá as campioas de España, Portugal, Italia e Países Baixos, convertendo Burela nun referente do fútbol sala a nivel mundial, como se sinalou no acto de presentación celebrado esta mañá no Hotel Nordés, no que participaron o presidente do club mariñao, Manuel Blanco, así como representantes municipais, da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Fútbol.
Efrén Castro destacou “o papel referencial que o Burela FS está a desenvolver no avance do deporte feminino en todos os ámbitos, desde o deportivo ao social” e co que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo...
leer másAta o 15 de decembro está aberto o prazo de inscrición na I Marcha Interxeneracional San Silvestre, que organiza o CAMP A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
O percorrido irá dende a Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España. Trátase dunha actividade deseñada para todas as persoas incidindo en que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá. Todas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a poñerse nos zapatos das persoas con capacidades diferentes.
A edil de Benestar Social, Elena Sierra, anima a participar: “desde o Concello facemos unha chamada á participación de nenas e nenos, avoas, avós, con bastón, con muleta, con andador, en cadeira de rodas... é un...
leer másO club Escolas Deportivas Lourenzá organiza o primeiro Trofeo de Niveles de Patinaxe Artística A Mariña, que se celebrará este sábado, 2 de decembro, no pavillón municipal laurentino.
Este evento deportivo desenvolverase neste horario: de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
As Escolas Deportivas Lourenzá celebrará unha cea baile o día 2 de decembro, sábado a partir das 21:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.
O menú, que servirá Catering Chao de Brea, está composto por caldo, costela asada, sobremesa, café e chupito.
Despois da cea actuará o grupo Sintético fantástico e rematará a festa con DJ Dani Rego.
As entradas están á venda en establecementos hostaleiros da vila ata o 29 de novembro.
A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre de 2024
A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2024, de xaneiro a xuño.
A Inscrición para alumnos/as censados en Xove:
Día: luns 4 e martes 5 de decembro.
Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfronte da Residencia da 3ª Idade).
A Inscrición para alumnos/as de fóra de Xove:
Día: luns 11 e martes 12 de decembro.
Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfronte da Residencia da 3ª Idade).
Desde hoxe e ata o 26 de decembro estará aberta a inscrición para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo, que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O edil ribadense contou que “hoxe, 22 de novembro, ábrense as inscricións para participar na trixésimo terceira San Silvestre, que terá lugar en Ribadeo o último día do ano. As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.
Silvent explicou que “a saída da mini San Silvestre, para nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de 8 a 11 anos...
leer más