Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta de sendeirismo pola Fonsagrada este sábado, 14 de decembro

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fonsagrada para este sábado, día 14 de decembro. É un percorrido de 11 quilómetros fácil e recoméndase levar bastón e calzado apropiado.

A saída será ás 8:00 horas da estación de autobuses de Burela e rematará a actividade “co clásico cocido, para recuperar forzas”.

O prezo para os socios do colectivo organizador é de 35 euros e as persoas non socias terán que pagar 45 euros. Inclúe autobús, comida e seguro.

As persoas interesadas en participar deben anotarse no grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos 666.60.98.75 ou 676.02.31.77 antes deste xoves, 12 de decembro.