Soprano

Etiquetas:
09/08/2024

Burela acollerá un dos concertos do festival Bal y Gay de música clásica na Mariña lucense. Será o que darán a soprano RuthIniesta e o pianista JavierCarmena o 16 de agosto.

O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 20:30. Aínda hai entradas dispoñibles, a un prezo de 20€ na páxina web do festival, no enderezohttps://entradas.festivalbalygay.com/

O festival está organizado pola Fundación Bal y Gay e comezou no día de onte, 8 de agosto. Desenvolverase ata o día 23 en diferentes puntos repartidos por toda a Mariña.
"Despois do primeiro encontro coral Mariñaencanto, que tivo lugar en Burela en abril da man da fundación Xesús Bal y Gay, é un placer poder colaborar de novo coa fundación nesta XI edición do festival de música clásica",...

leer más