Barreiros acolle este domingo, 24 de novembro, o Campionato da Mariña de Campo a Través en idade escolar

Este domingo, día 24 de novembro, o concello de Barreiros acollerá no campo de fútbol de As Valgas (San Miguel de Reinante) o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

A proba está organizada pola Agrupación Deportiva da Mariña no marco do programa Xogade, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Eroski Barreiros e Iberia Club de Fútbol.