A quinta edición das Xornadas da Terra de Miranda, que son encontros de debate sobre o medio rural, celebraranse os días 18, 19 e 26 de outubro con actividades na Pontenova, A Ribeira de Piquín, Meira e Riotorto.
Haberá actividades como relatorios, mesas redondas, proxeccións e visitas para analizar “que se estuda?, que se planta no monte e cal é o futuro da nosa terra?”.
É unha iniciativa organizada polos colectivos Muíño de Barxa e Nova Escola Galega.