Carlos Nuevo

19/02/2025

Este venres, día 21 de febreiro, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Da República ao golpe de 1936 (A Mariña, Viveiro e comarca), a cargo de Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial de Viveiro). O acto será ás 20:00 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, con entrada libre e gratuíta até encher o aforo.

No acto Carlos Nuevo Cal falará sobre “os grandes cambios e transformacións producidos pola proclamación da República na nosa bisbarra; tamén da caída do réxime monárquico da Restauración, así como da entrada nun tempo novo de grandes avances lexislativos nos eidos cívico, social e educativo que promoverían unha sociedade moderna, pluralista e fondamente democrática que fomentou o auxe do asociacionismo a nivel sindical: agrario, mariñeiro e obreiro, ao igual que nos ámbitos políticos,...

leer más