Ourol
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroados no concello. Levarase a cabo dende o día 23 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 no Edificio Multiusos e no pavillón polideportivo.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de decembro.
O día 19 de decembro, xoves, Ourol recibirá a visita de Papá Noel con un acto no que haberá tamén un contacontos de Nadal. Será no Edificio Multiusos ás 18:00 horas e está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de decembro.
O Concello de Ourol anuncia: “moi poucos coñecemos a verdadeira historia de Papá Noel. A través deste contacontos descubriremos todos os segredos da súa vida e como comezou a facerlle regalos ós nenos e nenas. Unha historia chea de maxia , amizade e ilusión. Acompañádenos o día 19 de decembro as 18:00 horas. No edificio multiusos de Ourol. Haberá moitas sorpresas!!! Inscricións na páxina web do concello de Ourol, no apartado de Biblioteca ou na páxina de Facebook do concello de Ourol no enlace habilitado. Non esquezades traer a carta para Papá Noel!!...
leer másA parroquia de Ambosores, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santa Lucía esta fin de semana: o venres 13 e o sábado 14 de decembro. As actividades serán na antiga escola.
Os actos comezarán o venres ás 20:00 horas con degustación gratuíta de xamón cocido e chourizo. E despois haberá verbena amenizada polo dúo Caramelo e Claudia Zurita.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e a continuación sesión vermú co dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará un xantar popular, no que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 11 de decembro. Tamén haberá baile de tarde noite amenizado polos dúos Caramelo e Maracuyá.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI) e no marco da programación da actividades polo 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), está a organizar un obradoiro no que se traballarán diferentes contidos relacionados co empoderamento feminino. Será este xoves, día 28 de novembro, no Edificio Multiusos do Concello de Ourol de 10:00 a 12:00 horas.
“O obxectivo desta actividade é o de contribuír a mellorar o autoconcepto, a autoestima e o sentimento de autoeficacia nas mulleres. Para poder levarse a cabo esta actividade é necesario contar cun grupo mínimo de 5 mulleres. Para anotarse poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.559.109 e 677.489.457) ou coa asociación Bumei (teléfono609.837.645)”,...
leer másO Concello de Ourol quere poñer en marcha a creación e montaxe dunha obra de microteatro feita por nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este venres, 29 de novembro.
Serán 8 sesións de traballo e unha sesión de representación ante o público (un período de 2 meses) con reunións para ensaiar unha vez á semana durante 1 hora aproximadamente.
O Concello de Ourol explica que “esta actividade está destinada a nenos e nenas empadroados no concello de Ourol de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Será necesario para levar a cabo o proxecto contar cun mínimo de 6 persoas e un máximo de 14. Ademais debe adquirirse o compromiso de acudir a todas ás sesións incluída á de representación xa que se non será imposible levar a cabo...
leer másCon motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ourol organiza un ano máis a Andaina contra a Violencia de Xénero. Será o propio día 25 de novembro, luns, ás 12:30 horas no Paseo da Rega
O Concello de Ourol explica que “esta actividade ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre o problema mundial que representa a violencia contra as mulleres e concienciar tanto a mulleres coma homes da importancia de que todas as persoas axuntemos forzas para rematar con esta lacra da sociedade que acaba coa vida de tantas mulleres cada ano”.
La Biblioteca Municipal de Ourol organiza un taller de arte y autonoconocimiento este viernes, día 22 de noviembre. Será de 16:30 a 18:30 horas en el Edificio Multiusos de Ourol.
Está destinado a personas adultas y las plazas son limitadas. Las inscripciones pueden hacerse a través de los teléfonos 982.55.90.19 o 608.69.40.51.
El Concello de Ourol explica que “este taller ofrece un espacio creativo donde las personas participantes pueden expresarse libremente a través del arte. No es necesario tener conocimientos ni habilidades para el dibujo. Mediante técnicas como el dibujo, la pintura, el barro o el collage las personas pueden expresar sus sentimientos y vivencias”.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre as estafas a través dos teléfonos móbiles e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Esta charla está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves 14 de novembro ás 11:00 horas.
Para máis información e para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
O Concello de Ourol celebrará un Encontro de Maiores o día 27 de outubro, domingo, ás 14:00 horas. Será no restaurante Louzao, de Area (Viveiro).
Esta actividade é gratuíta para persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Os cónxuxes ou parellas que non estean empadroados poderán acudir aboando o importe da comida. As persoas dependentes poderán ir cun acompañante.
A data límite para anotarse é o 24 de outubro e hai que recoller a entrada no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
Vilares, que é un lugar da parroquia de Merille (Ourol), celebrará as festas na honra de San Francisco de Asís os días 4 e 5 de outubro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú, co grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús. A partir das 21:00 hora haberá xamón cocido, chourizo e pan gratis.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e sesión vermú co dúo Estrellas, que tamén actuará pola noite na verbena xunto a Juanjo Music.