Ourol

Etiquetas:
21/09/2024

Ourol acollerá un espectáculo de circo a cargo da compañía de Dani Blanco, con teatro, malabares, equilibrios, música, clown, etcétera. Será o día 24 de setembro, martes, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.

É unha actividade destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, con entrada libre e gratuíta.

Etiquetas:
13/09/2024

A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering,  que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.

A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.

Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.

Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia. 

 

Etiquetas:
11/09/2024

O Concello de Ourol presenta a programación de actividades para persoas maiores 2024-2025.

Haberá ximnasia de mantemento, os martes e venres, a partir das 11:30 horas. Esta actividade dará comezo o 1 de outubro.

Tamén se impartirá ioga suave e meditación, os mércores, ás 11:00 horas, desde o 2 de outubro.

Completará esta programación o taller de adestramento da memoria que se levará a cabo os luns, ás 11:00 horas, desde o 7 de outubro.

Estas actividades terán lugar no edificio multiusos e as persoas interesadas deben acudir ao departamento de Servicios Sociais para cubrir a ficha de inscrición. A data límite para anotarse é o 26 de setembro.

 

Etiquetas:
05/09/2024

O próximo domingo, 8 de setembro, celebrarase a Quedada XXXVI Marcha Cicloturista, que percorrerá un total de 65 km por Viveiro, pasando por lugares emblemáticos como Sixto, Foxo e As Lobeiras, ata chegar ao Monte San Roque. A saída será ás 9:30 horas dende a Praza Pastor Díaz. A organización corre a cargo de Peña Lar Viveiro, coa colaboración dos Concellos de Viveiro e Ourol. 

As inscricións están abertas a través de www.galitiming.com, cun límite de 75 participantes. O prezo para participar na ruta é de 7 euros, mentres que a ruta con comida terá un custo de 20 euros. Tamén se ofrece a opción de comida para acompañantes por 13 euros. 

Para máis información, pódese visitar a web www.pclar.es, contactar a través do correo...

leer más
Etiquetas:
04/09/2024

O próximo 14 de setembro o do Sixto, no concello de Ourol, celebrará as tradicionais festas na honra á Virxe dos Remedios.

A xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. De seguido, terá lugar a animada sesión vermú, amenizada polo Dúo Caramelo.

Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular cun menú que inclúe callos, churrasco de porco, chourizo, patacas, postre, café e chupito. O prezo por persoa é de 28 € e as reservas pódense facer ata o día 11 de setembro nos seguintes números de contacto: 606 668 054 (Cruz) e 669 308 211 (Adrián).

Xa pola noite, a celebración continuará cunha gran verbena, onde actuarán o Dúo Caramelo e o Dúo D'Cache. Para maior comodidade dos asistentes, instalarase unha carpa no Cruce de Lombao.

...

leer más
05/08/2024

O libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”, escrito por Anxo Vázquez Pernas, será presentado polo propio autor nun acto que se celebrará este sábado, 10 de agosto, ás 20:00 horas no Multitusos deste concello, con entrada libre.

O Concello de Ourol anuncia que “este libro fai un percorrido polos cemiterios de Xerdiz, Merille, Ourol e Miñotos, onde os traballos dos canteiros Xaquín de Gato e Francisco Veiga (coñecido como Pena de Miñotos) destacan pola súa beleza e os traballos de cantaría. O libro estará a disposición de todos os veciños/as de Ourol a partir do día 12 de agosto nas dependencias municipais”.

Etiquetas:
31/07/2024

O Concello de Ourol organiza un ano máis as súas festas na honra da Nosa Señora. Este ano serán os días 10, 11 e 15 de agosto, xornadas nas que a parroquia contará cun gran número de actividades e cousas para facer.

O sábado, 10 de agosto, Anxo Vázquez Pernas presentará o seu libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”. O acto terá lugar ás 20:00 horas no edificio multiusos. Ás 21:00 horas, actuación do grupo de gaitas Bágoas da Terra seguida dunha gran cea popular ás 21:45. Dita cea, servida polo Catering Rochela, de Vilalba, na carpa da praza do Concello, terá un custo de 28 euros para os maiores de 11 anos e de 14 euros para os nenos de 7 a 11 anos non empadroados na vila. Todos os empadroados, así como os nenos de 0 a 6 anos, cearán gratis. Será imprescindible recoller o tícket nas dependencias do Concello para entregalo o...

leer más
30/07/2024

A exposición Galicia Imaxinada estará no Edificio Multiusos de Ourol esta fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de agosto. Poderá visitarse, con entrada gratuíta, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

O Concello de Ourol explica: “dentro das actividades da Ruta Indiana este ano contamos coa exposición Galicia Imaxinada, cedida polo Consello da Cultura Galega. Esta mostra retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a imaxinada. Unha exposición que permitirá visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia. A través de 20 paneis a mostra revisa as revistas porteñas como Céltiga, Suevia ou Almanaque Gallego, xunto coas habaneras Eco de Galicia y Tierra Gallega, entre outras”.

Etiquetas:
19/07/2024

O Concello de Ourol organiza a Ruta Indiana 2024, unha oportunidade única para coñecer o patrimonio indiano da localidade a través de visitas guiadas con paradas nos distintos lugares de interese nun bus de época durante os días 3 e 4 de agosto. A saída será desde a Casa do Concello e as prazas son limitadas a 16 persoas por día.

Desde o Concello de Ourol sinalan: “as prazas tramitaranse por rigoroso orde de inscrición. Unha vez finalizado o prazo de inscrición (31 de xullo) enviarase un correo electrónico a todas aquelas persoas que teñan a praza confirmada. As que non reciban o correo de confirmación quedarán nunha lista de reserva que se moverá tamén por rigoroso orde de inscrición. Debido a alta demanda nesta actividade, prégase que en caso de non poder asistir o comuniquen no teléfono 982559019 ou no 608694051 para poder cubrir as...

leer más
09/07/2024

A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebrará as festas de Santa Mariña, coñecida popularmente como “avogada das verrugas”, esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo trío Zafiro.

O sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena dese día xunto á disco móbil Conxuro.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú prolongada co trío Karma.