Ourol
A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebra a festa de San Pedro este sábado, 29 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Tapyoka, que tamén actuará na verbena xunto a unha disco móbil.
Esta festa está organizada pola asociación de veciños San Pedro de Miñotos.
O Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello. Esta actividade vaise a desenvolver no pavillón polideportivo municipal, inicialmente durante o mes de xullo (de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin, anuncia o Concello.
As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
Haberá tamén un servizo de conciliación para aquelas familias que acrediten a necesidade del. Será de 8:00 a 10:30 e de 13:30 a 14:00 horas Para máis información e solicitudes deste servizo deben dirixirse á Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 982.55.90.19.
A parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol, celebrará a festa na honra a San Antonio esta fin de semana: o venres 14 e o sábado 15 de xuño.
As actividades empezarán este venres ás 20:00 horas con degustación de pinchos, empanada, callos e chourizos á brasa, coa música dunha discoteca móbil.
E o sábado 15 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Bahía con José Costas.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).
O festival de música galega Aturuxo, de Bravos (Ourol) celebrarase os días 19 e 20 de xullo, venres e sábado. A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.
O XII Festival Aturuxo celébrase en dúas xornadas: 19 de xullo pola tarde-noite e 20 de xullo durante toda a xornada. O venres haberá a tradicional cea de irmandade e posterior concerto, para logo rematar cunha foliada popular. O sábado, a música soará dende o mediodía e pola tarde haberá xogos interxeracionais, obradoiros e actuacións cómicas ou teatrais, dirixidas a todos os públicos.
Haberá dispoñible servizo gratuíto de autobús para facilitar os desprazamentos.
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres un acordo de...
leer másA sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá desde este mércores, 24 de abril, ata o 4 de maio unha mostra de pinturas realizadas pola artista holandesa Simone Nijkamp, que faleceu en Baroso (Ourol) no ano 2021. É unha actividade organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
A exposición, titulada “Miradas / Olladas”, será inaugurada este mércores ás 20:00 horas. Intervirán no acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o alcalde de Ourol, José Luis Pajón; o presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo; ademais de familiares e amigos de Simone Nijkamp. E haberá unha actuación musical a cargo de Lino Rico e Esperanza Pérez.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai levar a cabo unha actividade sobre nutrición e hábitos de vida saudable. Será no edificio Multiusos do Concello o venres 19 de abril ás 17:00 horas.
Esta actividade realízase “co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctica e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable”, explica o Concello de Ourol.
Para anotarse nesta actividade as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, vai organizar un curso sobre "Os traballos de primavera para mellorar a produción nas hortas". Esta actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Neste curso os participantes aprenderán como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción nas nosas hortas: limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos, pragas...
As inscricións pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051. O prazo remata o día 19 de abril.
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.
Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.
A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.
O traballo de dous canteiros de Ourol ponse en valor nun libro grazas ao apoio da Deputación de Lugo
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga, máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas, desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira...
leer más