O Concello de Ourol quere poñer en marcha a creación e montaxe dunha obra de microteatro feita por nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este venres, 29 de novembro.
Serán 8 sesións de traballo e unha sesión de representación ante o público (un período de 2 meses) con reunións para ensaiar unha vez á semana durante 1 hora aproximadamente.
O Concello de Ourol explica que “esta actividade está destinada a nenos e nenas empadroados no concello de Ourol de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Será necesario para levar a cabo o proxecto contar cun mínimo de 6 persoas e un máximo de 14. Ademais debe adquirirse o compromiso de acudir a todas ás sesións incluída á de representación xa que se non será imposible levar a cabo a actividade. Poderá realizarse unha reunión previa entre as persoas interesadas para acordar día e horario dos ensaios”.
Todas as persoas interesadas en participar poden chamar aos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51 en horario de 8:00 a 14:30 horas.