Ollomao
Este sábado, día 4 de xaneiro de 2025, Trabada contará cunha nova actuación teatral. A Casa da Cultura acolle a partir das 21:00 horas a obra titulada "Pan con chocolate", interpretada polo grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros.
O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a súa obra Pan con chocolate en Ribadeo este domingo, día 15 de decembro. Será ás 20:00 horas no Teatro ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trata sobre “tres nenos e tres nenas que se acaban de retirar e reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis e, Inevitablemente, recordan as cousas da súa vida, de cando, efectivamente, eran nenos e nenas. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todas e todos nos resultan familiares. E así, da súa man, imos recreando aquel mundo dos anos 60-70 do século pasado. Un mundo no que os nenos e nenas soñan con marchar da aldea para acadar unha vida mellor na cidade ou mesmo no estranxeiro (Francia, Alemaña, Suíza)… No que aínda perduran (e canto tempo seguirán perdurando!) vellas ideas fondamente...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta na Pontenova a obra de teatro titulada “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este domingo, 15 de setembro, ás 19:00 horas.
“O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama dunha vida...
leer másA gala de entrega de premios "Ollo, cámara...acción", do concurso de reels pola igualdade convocado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, será o mércores día 19 de xuño no Centro Social Manuel Díaz Sampedro ás 20:30 horas.
A organización anuncia que na gala visualizaranse os reels presentados a concurso pola rapazada de diferentes centros educativos da contorna e outorgaranse os dous premios, de 300 e 200 euros.
A gala estará amenizada pola música de Señora DJ e rematará cuns pinchos para as persoas asistentes.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Alfoz a súa obra de teatro "O traballo de Andrea", un texto orixinal de Ignasi García Barba adaptado e traducido por Ramón Casas Oroza. Será este sábado, 8 de xuño do 2024, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Alfoz explica que “O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a posguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama...
leer másOllomao, de Barreiros, convoca o Concurso de reels pola igualdade, especialmente dirixido á mocidade
"Ollo, cámara... Acción: reels pola igualdade" é o nome do certame que vén de convocar o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, cuxo eixo temático central e principal cuestión a reivindicar é a igualdade real e efectiva entre as persoas de diferente xénero.
A participación no concurso está dirixida a calquera persoa desde os 12 anos (ou a cumprir neste 2024) e matriculada nun centro de ensino, que desexe participar. As pezas presentadas a concurso deberán ser pequenos vídeos de non máis de un minuto de duración, que empreguen o galego e nos cales se defenda a erradicación da desigualdade de xénero ou se mostren en clave positiva exemplos de situacións dunha igualdade real. Os reels ou microvídeos, tan empregados en redes sociais como Instagram ou Tik Tok, son parte da inspiración deste concurso, que busca contribuír a viralizar a importancia dunha sociedade...
leer másO grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta Pan con Chocolate, unha das novas obras que ten preparadas para este outono. As representación serán no local dos colexios vellos de San Miguel de Reinante o mércores 11 de outubro ás 20:30 horas e o xoves 12 ás 19:00 horas.
As entradas están á venda nos bares Moderno e Miramar, en San Cosme de Barreiros; no hotel restaurante Rías Altas, en San Pedro de Benquerencia; e en San Miguel de Reinante poden mercarse no supermercado e no bar A Dulcería.