Ruta
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta da Fervenza de Toques, neste concello da provincia da Coruña, para este sábado, día 14 de decembro. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é media baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán en Melide.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse chamando aos teléfonos 619.82.87.84 (Pura) ou 619.37.80.29 (Lupe). O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
A Pontenova celebrará un magosto con ruta de sendeirismo o día 16 de novembro, sábado.
As actividades comezarán ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Medio hora despois sairán cara ao punto de comezo da ruta, de Sanxés a Vilarxubín, de 4,6 quilómetros e dificultade media. Para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e vai incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. A data límite para apuntarse é o xoves 14 de novembro.
Este evento está organizado polo Concello e o CIT A Pontenova.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola Ruta dos Castelos, no entorno da Frouxeira (Alfoz), para o día 9 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son nove quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Ferreira do Valadouro.
A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 7 de novembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 10 de novembro, domingo, a ruta de Cabo Prior a Lavacerido, na provincia da Coruña. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 6 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e destaca que é “una bonita ruta por la Costa Ártabra, zona de Ferrol; son 13 kilómetros cómodos de caminar...
leer másO colectivo Os Correcamiños 4x4, de Foz, organiza a décimo novena edición da Rota Montes da Mariña para vehículos todoterreo. Haberá actividades desde o venres 1 ata o domingo 3 de novembro.
Para o venres están programadas estas actividades: recepción de participantes, verificación de documentacións e entrega de dorsais, briefing de benvida con unha pinchada e proxección do vídeo da ruta.
O sábado desenvolverase a ruta turística Montes da Mariña, duns 100 quilómetros con múltiples especiais de diferente dificultade, todas elas vixiadas pola organización e alternativa segura. Haberá café de campaña, comida (picnic) para os participantes e habilitarase un punto do percorrido en caso de previsión de mal tempo. E rematará a xornada cunha cea de grupo.
E o domingo no circuíto Os Correcamiños 4x4 haberá probas de...
leer másO Concello de Trabada presenta a última das rutas programadas este ano coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O día 10 de novembro, domingo, chega a quenda da Ruta da Fraga da Becerreira, un percorrido de seis quilómetros de dificultade media-baixa.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes. As prazas son limitadas e as inscricións pode facerse ata o 5 de novembro no teléfono do Concello: 982.135.011.
Desde xuño ata novembro realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no concello de Trabada: Ruta da Subida ó Picato, Ruta da Fraga da Vilapena, Ruta do Vento, Ruta do Monte Roxal-Teixido e Ruta Fraga da Becerreira.
“Quero agradecer a receptividade e a alta participación nas...
leer másO Concello de Trabada presenta os detalles dunha nova ruta programada coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O 13 de outubro, domingo, chega a quenda da Ruta do Monte Roxal-Teixido, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade media-baixa. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.
As prazas son limitadas. As inscricións poden facerse ata o 9 de outubro no teléfono do Concello de Trabada: 982.135.011.
“No Concello estamos moi satisfeitos pola gran acollida que teñen estas rutas, unha actividade de deporte e natureza pola que seguiremos apostando en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Regos e das Fontes, no concello de Riotorto, para o día 14 de setembro, sábado. A distancia a percorrer son 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Meira.
A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 11 de setembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta o domingo, 8 de setembro, para todos os afeccionados á natureza e ao sendeirismo. Nesta ocasión, será ata As Xanas, en Proaza, Asturias, para percorrer unha ruta de 8 quilómetros, de dificultade fácil e con traxecto lineal (ida e volta).
O prezo para participar é de 35 euros para os socios e 45 euros para os non socios, incluíndo o autobús, a comida e o seguro. A saída realizarase ás 8:00 da mañá dende a estación de autobuses de Burela. Recoméndase aos participantes levar bastón e calzado adecuado para garantir unha experiencia máis segura e cómoda.
As inscricións pódense realizar a través do grupo de WhatsApp da Asociación ou chamando aos números 666609875 e 676023177, antes do xoves 5 de setembro.
... leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras convoca a todos os afeccionados ao sendeirismo a participar na ruta nocturna entre Fazouro e Burela, que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de agosto.
A actividade comezará coa saída en tren desde a estación de Burela ás 21:40 horas, en dirección á de Fazouro. Unha vez alí, os participantes emprenderán o camiño de volta a pé ata Burela, nunha ruta de 10 quilómetros de dificultade baixa.
O prezo para participar é de 5 euros, e inclúe a viaxe en tren e unha chocolatada á chegada, que se servirá na cafetería Boas Migas. Para garantir a seguridade dos sendeiristas recomendase levar chaleco reflector e lanterna.
As inscricións pódense realizar no grupo de WhatsApp da asociación ou a través dos números 666609875 e 676023177, antes do xoves...
leer más