Ruta
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta pola localidade asturiana de Luarca o domingo 4 de decembro. Trátase da ruta denominada La Cangrexa. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 36 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 44 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 30 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A sexta edición da Ruta das Tapas na Pontenova, organizada polo Concello, celébrase os día 25 e 26 de novembro, venres e sábado, de oito da tarde a once da noite.
Participan Bar Puente, Casa de Cultura, O Lar de Balbina, Lennon, Rony Bar e San Briz.
Entre as tarxetas que estean seladas completamente sortearanse de premios de 150, 100 e 50 euros.
O prezo de cada tapa é de 2 euros.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, rematará o vindeiro sábado, 26 de novembro, en Barreiros.
Sofía López será a encargada de guiar a andaina denominada A vida aos pés da ría de Foz-Masma. Os asistentes realizarán un percorrido circular que os achegará a un espazo de grande beleza paisaxística como un sistema dunar, a propia ría e a súa biodiversidade, o patrimonio etnográfico e a micro toponimia da contorna.
Por Foz discorreu a ruta do pasado sábado, día 19. Os participantes puideron ver moitas aves como silbón europeo, negrón común, garza real, espátula común, mazarico real, correlimos común, correlimos gordo, chorlitejo grande, aguilucho lagunero, etc. Axudados por prismáticos e por unha guía ilustrada de aves foron moitas as curiosidades consultadas sobre a migración destas...
leer másA cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, realizará este sábado, 19 de novembro, unha visita ornitolóxica á ría de Foz.
Os asistentes poderán descubrir as aves máis icónicas deste paraxe natural. Nesta época do ano a ría focense acolle interesantes poboacións de especies acuáticas tanto migratorias como invernantes: espátula, cerceta común, ánade silbón ou barnacla carinegra. Neste estuario concéntranse núcleos de zarapito real e agulla colipinta, que xunto ao escaso correlimos gordo danlle importancia a escala estatal á ZEPA Ría de Foz. A visita será guiada por Saúl Román.
Éxito da ruta por Trabada
Vinte persoas gozaron o pasado sábado de A Mariña en Ruta por Trabada. Os participantes coñeceron a historia e os modos de vida antigamente visitando o Museo Etnográfico Xosé Rocha....
A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, chegará este sábado, día 12, a Trabada. Coñecer o pasado de Trabada será posible con esta ruta, unha das mellores maneiras de coñecer a historia e como era a vida antigamente. Inclúe a visita ao Museo Etnográfico Xosé Rocha e tamén a ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena. Alí os participantes entrarán na igrexa, que conta con interesantes retablos, un renacentista e outro barroco. Manuel Anllo Centeno será o guía que os acompañará.
A Mariña en Ruta seguirá o día 19 cunha visita ornitolóxica á ría de Foz. E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma (Barreiros).
O pasado sábado, día 5, Lourenzá foi a protagonista de A Mariña en Ruta. Os asistentes visitaron terras pertencentes ao...
leer másA asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro sábado, 12 de novembro, unha ruta a San Andrés de Teixido.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a ruta desenvolverase entre Cabo Ortegal e o santuario de San Andrés de Teixido. Son un total de 16 quilómetros”.
Gómez Puente sinala que “para os que imos facer a ruta a pé a saída desde Cabo Ortegal será ás sete da mañá. E para os que vaian pasear será a partires das nove. Xa á unha do mediodía asistiremos á misa no santuario e ás tres teremos xantar nun restaurante da zona”.
E engadiu que “o prezo da viaxe é de 10 euros e o da comida de 15 euros. A hora prevista de chegada a Barreiros será ás sete da tarde”.
O presidente de Camiñantes e Camiños de...
leer másA Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, seguirá este sábado, día 5, por Lourenzá. Os asistentes achegaranse á figura do Conde Santo e ao fenómeno medieval da peregrinación.
Pola igrexa de Santa María, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo do poder dos señores feudais galegos durante a Idade Media discorrerá este percorrido, que estará guiado por Lidia de la Fuente, e para o que queda algunha praza. Os participantes poderán afondar na orixe dos diferentes camiños de peregrinación, de antes e de hoxe, que rodean os campos de cultivo da exquisita faba de Lourenzá.
O pasado sábado, 29 de outubro A Mariña en Ruta pasou por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Foi ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza o vindeiro domingo, 6 de novembro, a ruta pola Fontaneira, en Baleira. Segundo explican “trátase dunha ruta moi bonita e asequible para todo o mundo. Esperamos contar contigo”.
Son 11 quilómetros a través dun treito de dificultade media. O prezo para os socios será de 25 euros e para os non socios de 30 euros. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 82 11 94 antes do 3 de novembro.
O sábado 5 novembro organízase en A Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto.
Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos Fornos, de onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 3 de novembro.
O vindeiro sábado, 29 de outubro, seguirá A Mariña en Ruta cunha andaina por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Trátase dunha ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles permitirá aos participantes viaxar no tempo desde o seu orixe prehistórico ata converterse nun dos principais portos do Cantábrico.
O percorrido levaraos ata Cabo Burela, defensa natural para o antigo castro que escondeu durante séculos o impresionante Torques. E continuará ata a igrexa da Vila do Medio, onde as pinturas góticas son testemuña do pasado medieval dunha vila que se converteu nun dos principais portos pesqueiros do país.
A actividade do pasado sábado, que discorreu por Alfoz, estivo centrada na explotación aurífera. Ao longo da historia existen diferentes momentos nos...
leer más