Ruta
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta da Carballeira, en Sobrado dos Monxes, este sábado, 13 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado e explica que é unha “ruta circular y sencilla por la carballeira de Sobrado dos Monxes, donde se rodaron escenas de la película El Bosque Animado”.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de xaneiro, domingo, unha ruta de Vegadeo a Abres, en Asturias. É a primeira que organizan neste ano 2024. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 10 de xaneiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor, no municipio de O Vicedo, para o 16 de decembro, sábado. A distancia a percorrer son 13,5 quilómetros -da Ponte do Porto a Morgallón- e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de decembro, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta rematará o vindeiro 16 de decembro en Lourenzá cunha visita que será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.
A Mariña en Ruta é un proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. Esta edición arrincou o 7 de outubro e concluirá o 16 de decembro, despois de que por mor do mal tempo e dos lumes declarados na ponte do pasado 12 de outubro varias das saídas tivesen que mudar de data.
Onte domingo, 3 de decembro, tivo lugar a ruta polo concello do Valadouro. Os participantes subiron ata a zona dos Penidos, na parroquia de Santo Tomé, e alí visitaron o antigo...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 3 de decembro, domingo, unha ruta polo monte Castelo, en Viveiro. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 29 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores destacan que esta ruta “nos acercará a Viveiro, para subir al mirador del...
leer másO Concello de Riotorto organiza a sexta edición da Ruta de Tapas para os días 1 e 2 de decembro, venres e sábado. Participarán cinco establecementos: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Mesón O de Sempre.
O prezo de cada tapa será de 2,50 euros e sortearanse cinco premios: 200 euros, 100 euros e 3 vales de 50 euros de Queixos Don Hilario, Cárnicos O Mazo e Panadería Cartiere.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 11 e 12 de novembro. O sábado farán a ruta Valle del Silencio, que ten unha distancia de 10,6 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta de Salto del Pelgo a Toral de los Vados, cunha distancia de 7 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 8 de novembro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 100 euros para os socios do colectivo organizador e de 110 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Os organizadores explican: “o sábado faremos parada en Vega de Valcarce para almorzar, a ruta comezará arredor das 9:45horas e...
leer másA asociación Pasada das Cabras, de Burela, participará o 5 de novembro nunha ruta organizada pola A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde. Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade baixa. O prezo para os socios é de 15 euros e para os non socios de 20 euros (inclúe autobús + seguro). A comida será por libre, é de feira en Castroverde. Desde Pasada das Cabras sinalan que “os que queiran poden comer o pulpo, tamén hai restaurantes ou que cada un leve a súa comida”.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou nos teléfonos: 982 580 504 – 657 82 11 94 (con whatsapp) antes do vindeiro 2 de novembro.
O sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.
Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 12 de novembro, domingo, unha ruta desde o Barqueiro ata Estaca de Bares. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 8 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.