Ruta

Etiquetas:
24/10/2022

A décimo sétima edición da Rota Montes da Mariña, que organiza o Club Os Correcamiños 4x4, de Foz, foi presentada hoxe, luns, e celebrarase esta fin de semana, do venres 28 ao domingo 30.
 
Os organizadores explican: “despois de non poder celebrar os dous últimos anos esta gran cita do mundo do motor, Os Correcamiños volven esta fin de semana á carga coa proba máis importante a nivel estatal en número de inscricións. En dúas semanas xa esgotaran as 500 prazas para quads, motos e todoterreos. Acudirán participantes de toda España e tamén de Portugal para facer rotas polos montes (sábado) e probas de habilidade (o domingo a partir das 9 horas) no circuíto da antiga fábrica de Pardiñas en Fazouro. O público poderá ver como se desenvolven estes vehículos en varios puntos: o sábado pola mañá no cortafogos da Cazolga e na canteira de Teixeira; e o sábado pola...

leer más
Etiquetas:
20/10/2022

A Pontenova acollerá do venres 11 ao domingo 13 de novembro a sexta edición da Ruta da Troita de vehículos todoterreo (coches, motos e quads).

O programa de actividades comeza o venres 11 coa presentación da ruta cuns pinchos. O sábado haberá unha ruta turística que sairá ás 09:15 horas. Tamén está programada unha verbena co grupo Fénix e o DJ Pedro Bermúdez. E o domingo haberá proba de obstáculos, que disporá de distintos recorridos en función da categoría do vehículo, e circuíto de velocidade para coches todoterreos e quads.

Etiquetas:
21/09/2022

Este sábado, día 24, comeza unha nova edición da Ruta da Faba de Lourenzá, iniciativa que acaba de ser premiada polo Consello Provincial de Turismo. Os interesados en facer este percorrido turístico e gastronómico este sábado poden inscribirse ata o venres.

A técnica de Turismo do Concello de Lourenzá, Justa Rodríguez, explica que “agora que está saíndo a faba fresca facemos esta primeira ruta da tempada, que continuará con outras en outubro e novembro, en datas que concretaremos en breve. O percorrido, que será en autobús, empezará ás 10 da mañá en Vilanova de Lourenzá e rematará ás seis da tarde. E as prazas son limitadas a 20 persoas”.

A ruta inclúe visitas guiadas ao mosteiro e á igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Centro de Interpretación da Faba e ao Pazo de Tovar, así como paseos pola área...

leer más
Etiquetas:
12/09/2022

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta ao Val do Dubra para este domingo, 18 de setembro. Trátase da ruta PR-G202 Fervenza do Rexedoiro. A saída desde Foz será ás 06:45 horas e ás 07:00 horas desde Ferreira do Valadouro.

Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 50 euros para socios federados, 54 euros para socios non federados e 58 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata este martes, 13 de setembro, e pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
11/09/2022

O Concello de Viveiro informa da ruta organizada entre a vila e Ourol, enmarcada no Camiño Nordés, que se celebra o próximo 17 de setembro. 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, reuníronse hoxe co representante da organización "Asociación Camiño Real', Antonio Pereiras Penabad, para ultimar os detalles. 

Esta cita é a cuarta ruta organizada do Camiño Nordés, entre Viveiro e Vilalba. A ruta de 12 km será a última etapa desta iniciativa, que reivindica o antigo Camiño Real entre ambas localidades. 

Haberá dúas modalidades para realizar esta etapa: cabaleiros e viandantes. 

A saída será ás 10.00 na avenida de Ferrol, en Viveiro, onde habitualmente se coloca o mercado. Os viandantes percorrerán a Rúa Nova ata o paseo...

leer más
Etiquetas:
30/08/2022

Os Sendeiros de Foz realizarán o domingo, 11 de setembro, a XXXIV Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.

A ruta escollida e a PR-G194 Sendeiro de Pelamios, en Xunqueira de Ambía, Ourense. A ruta é de 15 km e de dificultade media, e recoméndase levar equipos de sendeirismo. Ao rematar haberá unha comida de confraternidade. 

A saída será as 5:00h de Foz, do Cenor Belianorte, e as 5:15 de Ferreira. O prezo é de 30€, co xantar incluído. As persoas interesadas poderán anotarse ata o 1 de setembro, nos teléfonos 606718482 e 670369017, ou no emailossendeiros@yahoo.es

 

Etiquetas:
16/08/2022

Os Sendeiros de Foz organizan a última andaina do verán. Será ao Castro de Fazouro o 20 de agosto. A saída terá lugar ás 9 da mañá diante do Concello. 

O prezo da actividade será de 0 euros para os federados e de 4 euros para os non federados. O último día para anotarse é o 19 de agosto. A inscrición pódese facer nos teléfonos: 606718482, Laura - 670369017, Morís.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo. A ruta é de dificultade media. 

Etiquetas:
10/08/2022

A Asociación Deportiva de Sendeirismo de Burela Pasada das Cabras organiza o vindeiro sábado, 20 de agosto, unha ruta nocturna.

Esta ruta sairá as 22:00 horas dende a Praza da Mariña, en Burela, e chegará ata San Cibrao. Nesa vila tomarase un chocolate con churros en “O Noso Lar” para repoñer forzas. Desde a organización explican que “a volta xa será por libre, os que queiran voltarán andando e os que non lles apeteza xa serán previsores e deixarán un coche en San Cibrao para voltar”. O chocolate con churros será totalmente gratuito para os socios e terá un coste de 5 € para os non socios.

E engaden que “de todas formas tanto socios como non socios teñen que anotarse para poder reservar no restaurante. Poden facelo en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 821 194, este último con whatsapp por si a...

leer más
Etiquetas:
01/08/2022

A Asociación Os Sendeiros de Foz, coa colaboración do Concello focego, organiza o vindeiro sábado, 6 de agosto, unha andaina de verán, que  será unha variante da ruta do río Ouro, en Fazouro.

A saída será as 9:00h na área recreativa da Ponte de Ferro en Fazouro. A ruta é de dificultade media e recomendase levar equipo de sendeirismo.

Terá un prezo de 4€ para os non federados e gratis para os federados. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo chamando aos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou mandando un correo a ossendeiros@yahoo.es, teñen de prazo ata o venres, 5 de agosto.

 

Etiquetas:
24/07/2022

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro de verán o sábado, 30 de xullo, ao banco da Cornería.

A saída será ás 9:00 horas da Capela do Carme en San Martiño.

As persoas interesadas poden anotarse nos números de teléfono 670 369 017 e 606 718 482 ou ossendeiros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.