
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ao Chao do Pousadoiro en Ribeira de Piquín. Será o sábado, 15 de febreiro, con saída ás 8:30 horas da estación de autobuses.
Será un percorrido de 9 quilómetros, de dificultade fácil. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros. Inclúe autobús, xantar e seguro.
As persoas interesadas en participar poden anotarse n grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do xoves, 13 de febreiro.