Festa
O Concello de Cervo anima a asistir ao II Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o sábado 21 de decembro nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que contará coas actuacións o Grupo Beatriz, a orquestra Waykas e con DJ Pablo Conxuro, como peche de festa.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas. Parte da recadación pola venta de entradas irá destinada á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.
Haberá tamén servizo de autobuses para desprazarse ata o Festival e diferentes sorteos e sorpresas durante o evento; entre elas o sorteo dunha escapada...
leer másA parroquia de Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrará a festa na honra a San Martiño este sábado, día 9 de novembro
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará na verbena.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.
A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 e contará con numerosas actividades para todos os públicos.
A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.
A partir das 18:00 comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.-
A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza "a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila".
Coa Festa da Horta o vindeiro 13 de outubro rematarán en Ribadeo os Mercados dos Domingos deste 2024
Haberá obradoiros para adultos e nen@s, exposicións, degustacións, tapas especiais nos bares da contorna da praza de abastos e música.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “o vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a Festa da Horta, unha cita que servirá como colofón do Mercado dos Domingos deste ano. A xornada estará dedicada aos produtos de tempada e proximidade”.
A edil ribadense contou que “durante a festa o público poderá disfrutar de diferentes actividades como unha degustación de zume de mazá recén prensada ou visitar a carpa Experiencias de Calidade da man de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) con degustacións de produto galego. Tamén haberá unha mostra de diferentes produtos da horta e a exposición Alimentos con Superpoderes, que sensibiliza dos beneficios da...
leer másO 22 de setembro terá lugar en Ribadeo unha nova edición da Festa do Pemento no Mercado dos Domingos
O Concello de Ribadeo organiza o próximo domingo, 22 de setembro, a Festa do Pemento.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, subliñou que “se trata dunha tradicional xa cita enmarcada no Mercado dos Domingos, que pon en valor e da protagonismo ao pemento”.
A edil ribadense contou que “durante a mañá do domingo o público poderá disfrutar de diferentes actividades propias do mercado como unha cata, a degustación dunha deliciosa coca de pementos, unha mostra de diferentes variedades deste produto, a exposición O pemento de Piñeira, así como un obradoiro para a elaboración de batidos de froitas e verduras, música... unha morea de actividades ás que tamén se sumarán os bares da contorna que ofrecerán tapiñas especiais de pemento para os seus clientes”.
Saiz indicou: “destacar que...
leer másFerrería, no concello de Riotorto, celebrará a festa na honra de San Antonio o día 21 de setembro, sábado.
As actividades comezarán ás 13:30 horas coa misa solemne, e despois haberá procesión e sesión vermú. Seguidamente celebrarase unha comida veciñal.
Os actos rematarán cunha festa verbena amenizada polo dúo Eclipse e DJ Bombardero.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A comisión de festas da parroquia de Cabarcos, no concello de Barreiros, organiza churrascada e verbena para o día 20 de setembro, venres.
A churrascada, que é aberta a todo o público, empezará ás 21:30 horas. E despois terá lugar a verbena coa orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Alejandro Martínez.
A organización anuncia que haberá mesas e cadeiras para a churrascada e que o recinto estará cuberto con carpa.
Foz celebra a XII Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.
O xoves, 29 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo a festa coa apertura do Mercado Normando, onde os asistentes poderán mergullarse na época medieval e gozar dos produtos típicos da feira. Ás 21:00 horas, o grupo Rimo Crouleiro encargarase de animar o pasarrúas polo mercado.
O venres, 30 de agosto, a xornada arranca ás 12:00 horas coa inauguración do Campamento Normando no Paseo da Ribeira. Durante o día, diferentes agrupacións como Lipsala, Gaica Escola de Modo e Combates Normandos amenizarán o mercado con diversas actuacións e música. Ás 20:00 horas terá lugar o pregón oficial a cargo de Roberto Gómez Ledo na área recreativa Bispo Santo, seguido dunha representación teatral da Lenda de San...
leer másO Concello de Alfoz anuncia que este sábado, día 31 de agosto, celebrarase de 18 a 20 horas unha festa de fin de tempada na piscina municipal de Alfoz. O evento contará con música e tobogán inchable “para o desfrute da veciñanza”.
“Xunto a esta actividade tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas”, explica o Concello de Alfoz.
Ademais o Concello de Alfoz anuncia que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición...
leer másA Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza unha festa para clausurar a tempada de verán da piscina municipal. Será este sábado, 31 de agosto de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre.
No evento os participantes poderán gozar de tobogán acuático e de animación musical con DJ.