A asociación Mulleres e Homes do Rural organiza na Pontenova unha procesión e unha cea o Xoves Santo, 17 de abril

A asociación Mulleres e Homes do Rural organiza na Pontenova unha procesión e unha cea o Xoves Santo, 17 de abril.

Ese día haberá misa ás 19:00 horas e procesión ás 19:30, acompañada pola Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural.

E a partir das 22:00 horas terá lugar no Local das Asociacións unha cea. Para participar hai que recoller previamente os tickets en Asesoría Esther ou na Cafetería do Tanatorio, ata este martes, 15 de abril.