
O Concello de Viveiro anuncia que a Biblioteca Municipal organizará nos meses de abril e maio tres iniciativas enmarcadas no programa Ler conta moito. Incluirán actividades para conmemorar o Día do Libro e do Día das Letras Galegas.
A sala de exposicións albergará o sábado 26 de abril, ás doce da mañá, A maxia dos libros, con Nami e O Mago da Boina. Será como celebración do Día do Libro.
Tamén haberá dúas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas: o venres 16 de maio desenvolverase Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras ás seis da tarde. O venres 23 de maio, ás seis da tarde, organizarase unha sesión de Bibliocanta para nenos de entre 3 e 9 anos.
Os interesados en participar nas actividades poden inscribirse na Biblioteca de Viveiro ou a través do número de teléfono 982.570.606. O aforo é limitado.